A “idea do tesouro” en Álvaro Cunqueiro

“… e decir sinxelamente cómo se foi faguendo no meu maxín, sumando ás noticias galegas as recibidas de tan diversa parte, a idea do tesouro, i o retrato dos que o gardan, dos que atopan e dos que, finalmente, se fan con il

Propoñemos aquí un mergullo no texto do discurso de ingreso de Álvaro Cunqueiro na Real Academia Galega, lido no Seminario Santa Catalina de Mondoñedo no mes de abril de 1963 e publicado en 1964 pola Editorial Galaxia baixo o título Tesouros novos e vellos. Pretendemos tirar algunha conclusión en clave de país sobre a idea que do tesouro, como valor simbólico de carácter histórico, antropolóxico, sociolóxico ou literario, nos transmite o texto do escritor mindoniense, máis alá do que a primeira vista poidese semellar só unha cadea de ocorrentes imaxinacións ou fantasías sobre o tema. Somos conscientes de que este empeño merecería máis azos e máis capacidade para sacalo adiante con proveito pero imos tentar unha aproximación.

seguir lendo