Dáse lectura nas Cortes dunha “exposición del ayuntamiento constitucional de la ciudad de Mondoñedo, en que después de felicitar al congreso con las más espresivas demostraciones por la extinción del feudalismo, del voto de Santiago y del tribunal de la Inquisición, y por los demás decretos beneficos que ha sancionado”. (+ Dietario de Mondoñedo)
Mércores. Grave accidente no Pozo Mouro. Sobre as nove da mañá, ao coche correo que se dirixía a Lugo desde Ribadeo agarratóuselle a dirección na curva do Pozo Mouro e, como consecuencia, ao non poder contrololalo o chauffer, caeu polo terraplén e deu unha volta de campá. Tres viaxeiros resultaron con feridas graves, entre eles […]
O necroturismo comeza a estar de moda en Galicia. Cada ano son máis os camposantos que se ofrecen como lugares de visita, de día ou de noite, coa celebración dos defuntos ou noutras datas. Convídannos a coñecer a súa arquitectura e historia, e, sobre todo, a dos personaxes que moran neles. Un cemiterio é a […]
Grave accidente nunha curva da estrada xeral en Sasdónigas. O ómnibus que facía a ruta A Coruña-Ribadeo, matricula de Lugo e marca De Dion-Boutón (motor con patente francesa, probablemente fabricado en Chavín, Viveiro, na fábrica fundada por Jose Manuel Barro González, de Viloalle), sofre un grave accidente cando baixaba desde A Xesta en dirección a […]
Ao reunirnos cabo da tumba de Cunqueiro un ano máis, o primeiro que cómpre é que nos congratulemos por sermos quen de manter esta cita para honrar a memoria dun dos nosos desde hai xa 15 anos. Congratularnos e comprometernos para que o que comezou entón continúe, pois cada ano que pasa a figura e […]
En 1915 constrúese a escola de nenos do barrio dos Muíños de Mondoñedo, xunto á ponte, grazas a unha doazón feita polo arcediago José Mª Palacios e Natalia Palacios, irmáns do que fora bispo da diocese mindoniense, J. M. Palacios e López. O párroco de Barallobre, sr. Costas, elaborou os planos. A inauguración tivo lugar […]
Resolución da Raíña Gobernadora en contestación ao escrito que lle dirixixira o coronel de Rexemento Provincial de Mondoñedo solicitando castigos severos para os mozos que se automutilan (arrancándose os dentes, cortándose os dedos das mans), para evitar o servizo das armas. Na contestación di que ninguén quede libre de prestar o servizo de armas aínda […]
A catedral de Mondoñedo. Fotog. de Ester Otero En Cunqueiro e Galeano, por citar só dous dos meus santos literarios, está a biblia da miña devoción polos camiños. Di, ou insinúa, Cunqueiro que os camiños son seres vivos que nacen, crecen, ramifícanse e tamén morren. Os camiños, mentres están vivos, son a nosa pegada, a […]
A UNESCO fai pública a inclusión na Listaxe do Patrimonio Mundial do Camiño da Costa e do Camiño Primitivo, así como dalgúns edificios singulares asociados como a catedral de Mondoñedo. (+ Dietario de Mondoñedo)
O barrio dos Muíños seduce desde o primeiro golpe de vista. É un microcosmos de Mondoñedo, o reduto ideal para recompoñer o ánimo, para pasear e gozar da súa estética cativadora. Mesmo a toponomia pon música: Ponte do Pasatempo ou de Ruzos, Fonte dos Pelamios, Rúa das Moscas. O barrio dos Muíños ten unha longa […]