Pasaron cen anos: de escola a museo

escola muíños

En 1915 constrúese a escola de nenos do barrio dos Muíños de Mondoñedo, xunto á ponte, grazas a unha doazón feita polo arcediago José Mª Palacios e Natalia Palacios, irmáns do que fora bispo da diocese mindoniense, J. M. Palacios e López. O párroco de Barallobre, sr. Costas, elaborou os planos. A inauguración tivo lugar en marzo de 1917. O primeiro profesor foi o sacerdote da diocese de Lugo Francisco G. Gastalber.
Hoxe este edificio é o que alberga o Museo das Zocas que rexenta o artesán Alberte Geada.