‘Mondoñedo, lugar literario’, nova sección

poema falonso(1ª ed.)

Comeza unha nova sección no blog. Chámase “Mondoñedo, lugar literario” e nela irán aparecendo textos, ou extractos, onde Mondoñedo (lugares, persoas, edificios…etc) sexan os grandes protagonistas do texto literario.
Comezamos cun texto poético da autoría de Fran Alonso, escrito en Vigo aló polo 1988, titulado “Pasaba Mondoñedo”. Un poema fermosísimo que enfronta a memoria dun pasado glorioso cun presente de paso, porque “pasa Mondoñedo cando pasa unha pomba”.
Agradecémoslle ao autor que nos dese licenza para publicalo no noso modesto blog.
******
Pasaba Mondoñedo, Fran Alonso (Vigo, 1988) (LER)