Hai pouco máis de cinco meses, o 7 de novembro de 2015, rendiámoslle homenaxe en Mondoñedo a don Enrique Cal Pardo. Foron milleiros as persoas e colectivos que lle fixeron chegar a súa estima. Máis de 250 persoas, non había capacidade para máis, procedentes de toda a Mariña e doutros lugares, achegáronse ao Seminario Santa […]
A Xosé Ruíz Leivas Para os e as mindonienses, a lectura de El Quijote trae xa ao pouco de comezar un enigma, e unha preocupación non doada de resolver. Na parte I, prólogo de “El Ingenioso Hidalgo don Quijote de la Mancha” escribe don Miguel de Cervantes que «si de mujeres rameras, ahí está el […]
Na terceira edición de “Mondoñedo é poesía” que vai ter lugar o 1 de maio reservamos un tempo para homenaxear a un bispo que exerceu na diocese mindoniense desde 1890 ata a súa morte, o 25 de xuño de 1905. Para calibrar a súa humildade e desapego ao boato abondaría saber que o seu desexo […]
Mondoñedo foi lugar moi querido para Manuel María e deixou probas escritas dese amor, sempre agarimoso coas xentes e coa historia mindoniense. Para el Mondoñedo era un misterio, e afirmou máis dunha vez que debería ser por dereito natural a capital do Reino das Mariñas, terra insólita. A Paula, de bronce sonoro, sería o pregoeiro […]
Lorenzo Huerta, o verdugo que aplicou a pena de morte aos reos condenados por dous grandes crimes ocorridos na comarca mindoniense no século XIX, é agora o espectro protagonista dunha curiosa lenda urbana na cidade de Granada. Lorenzo Huerta foi un dos verdugos máis célebres, recoñecido como mestre por algúns dos xusticeiros máis destacados de […]
Cando Álvaro Cunqueiro publica a comezos da década dos trinta do pasado século os seus tres primeiros libros poéticos, “Mar ao Norde”, “Poemas do si e non” e “Cantiga nova que se chama Riveira” revoluciona, seguindo a estela rupturista de Manuel Antonio, a creación poética galega. Nestes mesmos días o propio Cunqueiro xunto a A. […]
En Mondoñedo celebramos As Quendas desde hai 474 anos. Cóntao quen rexeitou ser primeiro cronista oficial de Mondoñedo, Víctor de Silva Posada, en El Eco de Santiago o 11 de xuño de 1896 onde reproduce un documento de 15 de marzo de 1541 que di “durante o tempo de encabezamento da alcabala desta cidade e […]