En Mondoñedo temos un río que non se ve. En tempos lambíalle os pés á muralla que cerraba a cidade polo sur, despois de choutar alegre por unha canle empenada desde as fontes que lle dan vida, a do Espiño e a dos Pedregás, entre outras. A seguir, logo de atender muíños e lavadoiros, cruzaba […]
As diferentes figuras xurídicas de carácter civil creadas pola lexislación nacional e internacional para salvagardar o Patrimonio Histórico teñen a finalidade de protexer, identificar, tutelar e conservar aqueles bens considerados singulares. A catedral de Mondoñedo é un deses bens a protexer e, en efecto, está baixo amparo legal desde 1902. En febreiro deste ano, o […]
Non foi un ano tranquilo o 1901. Entre as boas novas podemos contar que en setembro se inaugurou a nova igrexa parroquial de Santiago, deseño do afamado arquitecto Nemesio Cobreros Cuevillas, e cuxas campás, que se chaman “Perfecta” a maior e “Josefa” a pequena, son obra do fundidor local Antonio Blanco Palacios. Entre novas de […]
Amigos e amigas, autoridades, amantes da lectura e dos libros, moi boas tardes! Antes de nada, quero agradecer ao concello de Ribadeo, ao concelleiro de Cultura, Farruco Graña, e ás persoas que forman parte da organización desta terceira edición da Feira do Libro de Ribadeo que me convidasen para presentar obras de meu e para […]