As amigas e amigos do Seminario de Estudos do Valadouro fanme chegar o primeiro número da súa nova revista. Máis de 50 páxinas inzadas de información, de textos e imaxes de todo tipo que desde o mesmo corazón do Valadouro irradian un compromiso de amor ao berce e a todo o que alí acontece, e […]
Ao amigo Santiago Ares Martínez Ou tamén poderiamos titular, se non resultase excesivo, “De como Colón, Franco, o aviador Lindbergh e a primeira Festa da Árbore celebrada en Mondoñedo en 1569 caben nun pé de páxina”. En moitas ocasións prefiro recrearme coa intrahistoria ou parahistoria das historias; sobre todo, como é o caso, cando xa […]
“Pasaba Mondoñedo polo mundo e Galicia polos soños coma se a auga toda das rías inundase o interior das horas” (Fran Alonso, 1988) Pasaron 30 anos cumpridos desde 1986, cando comezaba as emisións Radio Popular da Costa desde Ribadeo. Como en todas partes, tamén por Mondoñedo pasaron 30 anos e moitas cousas; nin todas boas, […]
Manuel Freire Castrillón (Santiago, 1751–1820/23) foi o que se coñecería agora como un político bailanacriba. Traémolo a esta palestra porque foi deputado que hoxe diríamos ‘cunero’ pola provincia de Mondoñedo desde o 18 de xullo de 1810 ata setembro de 1813 nas constituíntes Cortes de Cádiz. Na cidade natal foi comerciante de quincalla, copropietario da […]