Prezado Paco: Eu non sei en que estarías pensando cando me convidaches a intervir neste acto. Non sei se nalgún momento te arrepentiches pero se non o fixeches pode que esteas a punto de facelo. En calquera caso, como che faltou valor para comunicarmo, agora xa non ten remedio! Se mo permiten, quero comezar esta […]
Non quero deixar escapar este 2017 sen lembrarvos que a novela de Xe Freyre (Mondoñedo, 1962) “Cando o gato mira de esguello” leva 30 anos entre nós. Trátase do único texto literario de certa extensión que, desde a portada á contracapa, sucede integramente nun Mondoñedo renomeado na ficción como Torrevella de Abrea. Non esquezo “A […]
Moito antes de que se inventasen os avións e incluso os OVNIS, voou sobre a Mariña un viaxeiro montado nun cabalo. Ida e volta, desde Slagelse, en Dinamarca, ata Compostela de Galicia. Un suceso que hoxe nos parece sorprendente pero que entón, finais do s. XII ou principios do XIII, cando a maxia gobernaba as […]
Para Eugenio Niñe Fernández Otilia de Lindín é produto da imaxinación de José Miguel Bel, perito e escritor madrileño que publicou en 2017 “Historias dun topógrafo de campo”, en edición, gratuíta en internet, do Centro Nacional de Información Geográfica, dependente da IGN (Instituto Geogáfico Nacional). Bel é enxeñeiro técnico en topografía, traballou no IGN, ademais […]
Que cousas pasan! O chamado ‘Bácul de Mondoñedo’, peza singularísima da ourivería do románico, está exposto na sala 16 do Museu d`Art de Catalunya. Non sei se hai ou non probas documentais das sucesivas operacións que teletransportaron esta marabilla desde o Ribadeo de principios do s. XIII ata o MNAC do Parc de Montjuïc de […]
O lugar de San Cristovo, parroquia d’Os Remedios (Mondoñedo), sitúase na aba do outeiro que coroa o castro de Zoñán, a carón da estrada provincial LU P-3106 entre Mondoñedo e Abadín. Só ten tres casas, a dos Pepitos, a de Monterroso e a de Xerrín. Algo afastada está a capela dedicada ao santo que lle […]