“Mondoñedo: mito“ En Mondoñedo celebramos como un milagre a inauguración da Casa Museo Álvaro Cunqueiro o 1 de marzo de 2019 e compartimos a nosa ledicia cos admiradores da súa obra. Ponse así cabo a unha vella aspiración da tribo mindoniense, a de dispor dun lugar onde convidar a lectores, investigadores e curiosos da memoria […]
En Cabana de Vella sempre houbo lobos. Antes de pelo e agora, polo que parece, tamén de pluma. Cando íamos por alí apañar toxos para cocer, segar a herba para verde ou para seco, alindar as vacas ou facer outros traballos buscabamos as pegadas das súas poutas nos lameiros de arredor das fontes e xogabamos […]
Onte, 2 de febreiro, á noitiña, asistín con verdadeira curiosidade á presentación do libro ‘A Cova do Rei Cintolo de Mondoñedo’, da autoría de Xurxo Lorenzo e Javi Fouz, editado polo concello de Mondoñedo en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingúística. Non fun o único. O salón de plenos da casa do concello estaba […]
Pregón Festa da Árbore 2019 (450 aniversario 1569-2019 da Primeira Festa da Árbore). Mondoñedo, 2 de febreiro de 2019 A primeira Festa da Árbore Hoxe celebramos un aniversario único, moi importante. O 4 de febreiro de 1569, aquí, en Mondoñedo, nesta mesma Alameda, tivo lugar por primeira vez na historia un acto público co obxectivo […]