MONDOÑEDO é POESÍA (virtual) 2020

MONDOÑEDO é… LUZ A sétima edición do recital poético-musical Mondoñedo é poesía vai ser, ten que ser por forza, virtual. Será como sempre foi, o 1 de maio, Día das Quendas, mais desta as rúas, prazas e auditorios mindonienses teremos que imaxinalos, cadaquén acomodado alí onde se confinen as nosas vidas pero coa certeza de […]

Ler máis
Mondoñedo na Memoria 1920: Xaneiro

La Competidora Universal, canteira e fábrica transformadora de mármores sita entre Galgao (Abadín) e Sasdónigas (Mondoñedo), promociónase na prensa. A primeiros de ano visitan Mondoñedo enxeñeiros do Estado e representantes da Sociedad de Ferrocarriles Eléctricos para facer comprobacións. Dáse por feito que Ribadeo e Lugo terán axiña conexión por tranvía que, pasando por Mondoñedo e […]

Ler máis
Cándido Carreiras Domenech, a memoria da República en Mondoñedo

Xa o pediu o meu ilustre predecesor, Xosé Díaz Jácome, hai moitos anos: “Haberá que matinar en correxir un lamentoso esquecemento: na campa de Carreiras non figura o seu nome. Iste loitador mindoniense ben merece unha plaquiña que o lembre…”. Cándido Carreiras Domenech (Mondoñedo 1870-1947) foi, máis alá dese anecdotario en boa medida apócrifo que […]

Ler máis
Un pequeno da Paula, un demonchiño

Collémoslle emprestado a M. Leiras Pulpeiro este verso dun seu poema dedicado a Pascual Veiga para titular o relato dos anos mozos do gran músico mindoniense des que nace en 1842 ata que se traslada á Coruña en 1864. Pascual Manuel Francisco Veiga Iglesias naceu na entón chamada rúa dos Templarios de Mondoñedo (hoxe nº 11 […]

Ler máis