Mondoñedo na Memoria 1920: Setembro

Juan José Solís Fernández (1849-1931)

Nos primeiros días do mes regresa a Mondoñedo, despois de pasar unha temporda na súa casa de Santiago, o bispo Juan José Solis Fernández (1849-1931), bispo de Mondoñedo desde 1907 ata o seu falecemento.

Leonardo Rodríguez, exministro de abastecementos e deputado por Chantada, achégase a Mondoñedo xunto co deputado Lazcano. Preparan contenda electoral.

Os mindonineses de Bos Aires celebran a Virxe do Remedios o día 12 cun pic-nic “a lo mindoniense” no Palermo Chico de Olivos.

Chegaron pero aínda estan sen colocar os postes do tendido telefónico polo Valadouro entre Viveiro e Mondoñedo.

Sométese a infomación pública polo prazo dun mes o proxecto de abastecemento de augas.

Como consecuencia das operacións militares en África, chega a noticia da morte no Hospital Militar de Tetúan do capelán castrense, natural de Mondoñedo, Juan Palacios Palacios.

Segue o entusiasmo pola ansiada construcción da liña ferroviaria Lugo-Mondoñedo-Ribadeo.

Sobre o crime de Lindín

O día 12 publícase en El Correo de Galicia de Bos Aires sen máis novidades a vella nova da morte violenta do veciño de Lindín, Antonio Díaz Luaces, acontecida dous meses antes.


Serie: ‘Mondoñedo na Memoria 1920′ (Xaneiro) ( Febreiro) (Marzo) (Abril) (Maio) (Xuño) (Xullo) (Agosto) (Setembro) (Outubro) (Novembro) (Decembro).