Curuxeiras, gaiteiro con peito de lobo

E. Lence Santar comparou o xeito deste gaiteiro nacido nas altas terras da Pastoriza co do poeta, músico e cantor vasco, José María Iparraguirre Balerdi (1820-1881). Chamábase Manuel Prieto Rego (1852- 1927) aínda que tamén era coñecido como Manuel da gaita, Manuel da Montaña e, sobre todo, por Curuxeiras, nome artístico tomado do seu lugar […]

Ler máis
O vento das eclipses

Das eclipses de sol dicía Eduardo Lence Santar, etnógrafo e cronista mindoniense, que no Valadouro (Lugo) crían que eran moi malas porque gafaban as augas e que non as debía beber a xente nin o gando ata que a eclipse pasase. Se alguén se despistaba e collía auga mentres duraba a eclipse, debía tirala sen […]

Ler máis
Un poeta demente e plaxiario

Imos dar un breve paseo polo ano 1903. Nos apéndices da obra de Eugenio Carré Aldao, La literatura gallega en el siglo XIX (Librería Regional de Carré, A Coruña, 1903) aparecen varios poemas en galego da autoría de catro poetas nacidos ou residentes en Mondoñedo. “Unha violeta” (1899) de Julio Rodríguez Meire, “Un de tantos” (1896) de Antonio Noriega Varela, “Salayos” (1897) de Ramiro Gayoso, e un poema sen título, cuxo primeiro verso […]

Ler máis
Que facía Antonio Noriega Varela en 1926!

En xaneiro de 1926, o poeta e mestre, Antonio Noriega Varela, entón destinado en Trasalba, Amoeiro (Ourense), pasou uns días en Mondoñedo. Tamén viaxou a Foz na compaña da súa filla, Cándida, e ao regreso fixo parada en Lugo antes de voltar a terras ourensás. Con tal motivo, La Provincia, xornal de Lugo, publicou dos […]

Ler máis