Almanaque Mindoniense: 1 de xaneiro

1 de xaneiro

1915.-No Almanaque Gallego para este ano, editado en Bos Aires por Manuel Castro López, Manuel Murguía escribe un artigo titulado “La Alborada” onde pon en dúbida a autoría de Pascual Veiga da “Alborada Galega”. A reacción en Mondoñedo foi inmediata e o xornal “El Cruzado”, coa sinatura de Antonio Maseda, exíselle ao entón presidente da Real Academia Galega unha proba ou unha rectificación inmediata. (+ info)

1919.-O “grippe” causa estragos nestes primeiros días do ano, especialmente nas parroquias de Viloalle e Figueiras.