Almanaque Mindoniense: 2 de xaneiro

2 de xaneiro

1903.-Segundo a inscrición da base, esta foi a data na que se rematou o fornelo do Cristo do lugar do Milladoiro, en Barbeitas, á beira do Camiño de Santiago. A imaxe do Cristo foi retirada e o conxunto está moi deteriorado. Queda o fornelo e o pousadoiro. En tempos paraban aquí os enterros para rezar un responso.