Autoridades, membros da Comisión encargada da elección do Cunqueiriano de Honra, veciños e veciñas, don Manuel Lourenzo e familia: Despois da fermosa intervención de Abel Vigo, o meu parlamento vouno dedicar a falar do Manuel Lourenzo literato, sobre todo do dramaturgo e da súa inmensa obra, e reservarei unha parte dese tempo para comentar a […]

Manuel Lourenzo Pérez (Ferreira do Valadouro, 1943) é, amais de autor de arredor de 300 obras dramáticas, actor, escenógrafo, director, tradutor, colaborador de revistas especializadas e autor ou coautor de libros fundamentais sobre o teatro galego. Tamén dedicou unha parte importante da súa actividade á poesía, á narración, ao ensaio, á investigación e á divulgación […]
Sufragarase mediante subscrición popular e situarase no Cemiterio Vello a carón da tumba de Manuel Leiras Pulpeiro. As doazóns para custear este monumento ingresaranse na conta aberta na entidade Abanca, baixo a denominación “Homenaxe a Cándido Carreiras”: ES 23 2080 0125 8130 4002 1721 Ao cumprirse o pasado outono 75 anos do pasamento de Cándido […]
A amizade que mantiveron desde os anos mozos Francisco Fernández del Riego e Álvaro Cunqueiro, as relacións epistolares e os múltiples encontros, tivesen lugar en Vilanova, Mondoñedo, Compostela, Vigo ou calquera outro lugar do mundo, xa darían para un extenso ensaio. Hoxe imos quedar só con algúns trazos nos que participou ou letras dedicadas a […]
Anda estes días unha casa de poxas pregoando por internet os tres tomos do “Nouveau voyage au tour du Monde”, da autoría do bretón Le Gentil de La Barbinais. Deste libro saíron dúas edicións, unha en París e outra en Amsterdam, ambas en 1728, e agora os tres tomos da de Amsterdan ten fixado como […]
Non hai moitos meses lin en El Progreso que o poeta e tradutor Daniel Salgado (Monterroso, 1981) anunciaba que atopara un poema en inglés dun poeta irlandés no que se conta como o republicano mindoniense, Cándido Carreiras (Mondoñedo, 1870-1947), visitou o 14 de abril de 1931 a campa do médico, poeta e correlixionario político, Manuel […]
O Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo acaba de botar a andar Cumieira das Letras, unha revista de periodicidade anual baixo a dirección de Alexandre Rodríguez Guerra e o secretariado de Ana Acuña Trabazo, cuxo primeiro número se dedica monograficamente a Álvaro Cunqueiro. O contido, interesantísimo de principio a fin, conta […]
Agora que a UNESCO acaba de inscribir na Listaxe Representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade o toque manual de campás en España véñensenos á mente numerosas historias relacionadas coas campás, coas de fundición, xeralmente penduradas dos campanarios de catedrais, conventos, mosteiros, igrexas ou capelas, e cos sinos míticos, que son aqueloutros que están mergullados […]
Juan Luis Rodríguez-Vigil Rubio —foi conselleiro de Sanidade e presidente do Principado de Asturias na década dos noventa— nun artigo titulado “Inquisición e Ilustración. Persecución inquisitorial de las más comunes supersticiones en el Noroeste español a lo largo de la segunda mitad del Siglo XVIII”, e publicado no libro Pasión por Asturias: estudios en homenaje […]
Mondoñedo na Memoria (nº 3), outubro de 2022 ISSN 2660-8324 (en liña) Dep. Legal: LU 62-2020 (PDF) Número monográfico: 1870-2020. De H. Mancebo a Suc. de Mancebo. 150 anos imprimindo en Mondoñedo Edición conmemorativa dos 150 anos ininterrompidos da Imprenta Mancebo en Mondoñedo, desde 1870 a 1930 ata a actualidade. Relembramos ao seu fundador, Hermenegildo Mancebo, aos sucesores, […]