As San Lucas vistas polos cronistas oficiais de Mondoñedo

Cando entra o outono no calendario, tras a despedida do San Froilán de Lugo, alborexan no horizonte os días felices das San Lucas, feiras e festas cuxa orixe está nun privilexio que o rei Afonso VII concedeu a Vilamaior —actual Mondoñedo— o 9 de novembro do ano 1156. Vilamaior recibe entón o título de civitas e […]

Ler máis
Anteportas das San Lucas

Aínda non se clausurou o San Froilán e xa resoa o chamador que abre as portas das San Lucas 2022. Este ano comezan o día 14 coa lectura do pregón a cargo de Modesto Díaz García. Xa adianto que o excelso pregoeiro, compañeiro nas aulas do IES San Rosendo, vello amigo, rival nos competidos derbis […]

Ler máis
Os Remedios

Este vindeiro domingo, 11 de setembro, Mondoñedo renova os vínculos simbólicos que manteñen vencellada camiño de cinco séculos a paisaxe e a paisanaxe, a cidade, o concello e a diocese coa Virxe dos Remedios. É ben coñecida a orixe do santuario. Unha doazón do bispo Francisco de Santa María de Benavides serviu para construír a […]

Ler máis
Mondoñedo en Colombia

No termo municipal de Mosquera inmediato á capital de Colombia, Bogotá, existe unha área montañosa coñecida como Cerro Mondoñedo. Este territorio a 2.800 metros de altitude era antigamente terra de muiscas, indíxenas que deixaron nesta comarca pegadas de gran valor arqueolóxico como as pinturas rupestres dos abrigos rochosos de Usca. Dentro deste cerro hai un […]

Ler máis
Aganchatorres

O granadino José Puertollano agatuñou as dúas torres da catedral de Mondoñedo na segunda quincena de setembro de 1910. Pola mañá partindo desde o chan coroou a torre dereita e pola tarde, comezando á altura do segundo corpo, a esquerda. Acomodado nos brazos da cruz de ferro que a remata saudou ao público congregado na […]

Ler máis
Quique Guerra, transgresión e intuición

A asociación Tá en Artes pecha cunha exposición a ben merecida homenaxe —cun extenso calendario de actividades ao longo deste 2022— que lle dedicou ao artista mindoniense Quique Guerra na sétima Semana das Artes Plásticas da Mariña. Unha mostra que reúne unha selección da súa obra pictórica e escultórica apenas coñecida máis alá das fronteiras […]

Ler máis
Cunqueiro en Y

Y foi unha revista mensual, órgano de propaganda da Sección Feminina, dedicada aos temas da muller nacional sindicalista. Fundouna Pilar Primo de Rivera en febreiro de 1938 e dirixiuna Marichu de la Mora, neta de Maura e nai do cineasta Jaime Chávarri. A toda cor, ilustrada con fotografías, debuxos e gravados, moi ben editada e […]

Ler máis
Mondoñedo é Poesía 2022

O domingo, 1 de maio, retorna a poesía presencial a Mondoñedo tras a paréntese obrigada pola pandemia da covid-19. Mondoñedo é poesía comezou a súa aventura o 1 de maio de 2014 nas rúas e prazas, lecturas poéticas previas ao gran recital no auditorio municipal.  Desde entón celebráronse seis edicións en formato presencial e unha […]

Ler máis
Mondoñedo na Memoria (nº 2): Homenaxe a Cándido Carreiras Domenech

Mondoñedo na Memoria, nº 2. abril 2022 ISSN 2660-8324 (en liña) Dep. Legal: LU 62-2020 (PDF) Número monográfico, homenaxe a Cándido Carreiras Domenech, no 75º aniversario do seu pasamento. O colectivo Memoria da Mariña xunto con varios veciños e veciñas de Mondoñedo promoven unha homenaxe a este mindoniense esquecido, primeiro alcalde de Mondoñedo tras a proclamación […]

Ler máis
Mondoñedo é poesía 2022 (programa)

MONDOÑEDO é POESÍA 2022 1 de maio de 2022   MONDOÑEDO é POESÍA 2022 (8ª EDICIÓN) Mondoñedo é poesía chega á súa 8ª edición convocando para o vindeiro 1 de maio en Mondoñedo (Capital galega da poesía) os amantes do verso dito, recitado, cantado, musicado ou visual. Esta actividade enmárcase, como sempre foi, dentro da […]

Ler máis