Amigos letraferidos

Como saben, o Día das Letras Galegas deste ano 2023 vai dedicado ao grande animador da cultura galega do século XX, o laurentiniano Francisco Fernández del Riego. Os numerosos actos celebrados por todo o país nestes meses van culminar o próximo día 17 en Vilanova coa grande homenaxe ao que foi amigo de Álvaro Cunqueiro […]

Ler máis
Polas calendas maias

Hoxe é o día grande das Quendas —as kalendas maias—e como xa vén sendo habitual des que se impulsaron, tras un longo período de languidecemento, en 1984, Mondoñedo volverá a encherse de vida e de alegría. Segundo un documento de 15 de marzo de 1541 comezou esta feira libre de alcabalas —taxas, tributos— para animar […]

Ler máis
Agradecemento pola colaboración cidadá na homenaxe a Cándido Carreiras Domenech

Agradecemento pola excepcional colaboración cidadá na homenaxe a Cándido Carreiras Domenech, primeiro alcalde de Mondoñedo na II República Memoria da Mariña xunto coas veciñas e veciños que foron parte da organización da homenaxe a Cándido Carreiras Domenech desexan facer público o seu agradecemento a todas as persoas que fixeron posible o grande éxito deste evento, […]

Ler máis
Cándido Carreiras, in memóriam

Este sábado, 15 de abril, homenaxearemos en Mondoñedo ao político represaliado polas ditaduras de Primo de Rivera e Franco, Cándido Carreiras Domenech (1870- 1947). Os actos previstos, organizados polo colectivo Memoria da Mariña e por varios veciños e veciñas de Mondoñedo, comezarán ás doce horas no Pazo Santomé (antigo Centro Comarcal) cunha sesión informativa na […]

Ler máis
Contos da madriña

Estas historias contoumas Xulio Rodríguez, ‘Xulio do Canelo’, de Pedrido, en Mondoñedo, e a el a súa madriña, Remedios, cando andaba polos dez anos, aló polos mediados do século XX. A madriña, unha muller crédula e crente, contáballe sucedidos de medo, xeralmente protagonizadas por seres do transmundo —trasnos, demos, ánimas…—, que lle aconteceran a xente […]

Ler máis
Laudatio ao Cunqueiriano de Honra 2023, Manuel Lourenzo

Autoridades, membros da Comisión encargada da elección do Cunqueiriano de Honra, veciños e veciñas, don Manuel Lourenzo e familia: Despois da fermosa intervención de Abel Vigo, o meu parlamento vouno dedicar a falar do Manuel Lourenzo literato, sobre todo do dramaturgo e da súa inmensa obra, e reservarei unha parte dese tempo para comentar a […]

Ler máis
Manuel Lourenzo, Cunqueiriano de Honra

Manuel Lourenzo Pérez (Ferreira do Valadouro, 1943) é, amais de autor de arredor de 300 obras dramáticas, actor, escenógrafo, director, tradutor, colaborador de revistas especializadas e autor ou coautor de libros fundamentais sobre o teatro galego. Tamén dedicou unha parte importante da súa actividade á poesía, á narración, ao ensaio, á investigación e á divulgación […]

Ler máis
Don Paco e Mondoñedo

A amizade que mantiveron desde os anos mozos Francisco Fernández del Riego e Álvaro Cunqueiro, as relacións epistolares e os múltiples encontros, tivesen lugar en Vilanova, Mondoñedo, Compostela, Vigo ou calquera outro lugar do mundo, xa darían para un extenso ensaio. Hoxe imos quedar só con algúns trazos nos que participou ou letras dedicadas a […]

Ler máis
Le Gentil de La Barbinais en Mondoñedo

Anda estes días unha casa de poxas pregoando por internet os tres tomos do “Nouveau voyage au tour du Monde”, da autoría do bretón Le Gentil de La Barbinais. Deste libro saíron dúas edicións, unha en París e outra en Amsterdam, ambas en 1728, e agora os tres tomos da de Amsterdan ten fixado como […]

Ler máis