Cunqueiro en Y

Y foi unha revista mensual, órgano de propaganda da Sección Feminina, dedicada aos temas da muller nacional sindicalista. Fundouna Pilar Primo de Rivera en febreiro de 1938 e dirixiuna Marichu de la Mora, neta de Maura e nai do cineasta Jaime Chávarri. A toda cor, ilustrada con fotografías, debuxos e gravados, moi ben editada e […]

Ler máis
Merlín de Mondoñedo

Manuel Montero Rego, o Merlín de Cunqueiro e Mondoñedo, viaxou ao ceo da memoria na tardiña do venres, 15 de abril de 2022, cos seus 94 anos consumidos. Volveuse etéreo e de agora en adiante só se deixará ver en figura de vara de mago como unha luciña refulxente nun océano de fantasías. O demais […]

Ler máis
Cunqueiro (con Esquío) en Lugo

O afecto a Lugo que Álvaro Cunqueiro manifestou en numerosas ocasións comezou nos anos adolescentes cando visitaba a cidade para examinarse por libre no instituto. Despois viría a estadía como aspirante a bacharel e as amizades lugueses –Pimentel, Fole, Trapero…– que tanto cultivou. Dedicou a Lugo, á muralla, ao san Froilán, ao Miño ou aos […]

Ler máis
César González-Seco Romero

César González-Seco Romero falecía en Mondoñedo hai pouco máis dun século, o 19 de febreiro de 1921. Nacera o 22 de decembro de 1877 e só contaba 43 anos. Era avogado, xornalista, impresor, músico, industrial, tamén foi fiscal municipal e deputado provincial. Como músico foi violinista, dirixiu o Orfeón Mindoniense, refundou o Orfeón Pacheco e […]

Ler máis
Bernardino Vidarte

O 16 de abril deste 2021 cumpríronse 40 anos do pasamento en Mondoñedo de Bernardino Vidarte Rivas, acontecido apenas mes e medio despois do falecemento do seu amigo, Álvaro Cunqueiro. Nacera en Bos Aires, fillo de emigrantes, o 18 de setembro de 1910. Con sete anos instálase en Mondoñedo onde vivirá ata a súa morte. […]

Ler máis
Cunqueiro en tres folios

Cunqueiro sempre sorprende para ben e a obra que lles recomendamos amplía horizontes e engrandece, se isto for posible, a enorme figura literaria do autor de Mondoñedo. Na primavera deste extravagante 2020 viu a luz, en primorosa edición ao coidado de Miguel González Somovilla, unha extraordinaria antoloxía de artigos periodísticos da autoría de Álvaro Cunqueiro […]

Ler máis
A confidente de Cunqueiro

Pouco, moi pouco, se ten falado desta muller. Nin Cunqueiro a cita moito pero si as veces suficientes para termos que reservarlle un lugar de honra cabo da memoria do mestre.  En 1980 nunha entrevista que lle fixo Pilar Cañás e que se emitiu en RNE, Cunqueiro responde a pregunta sobre quen lle fixera de confidente de neno […]

Ler máis
Sobre Tàpies: entre Cunqueiro e Patiño

O escritor Álvaro Cunqueiro (1911-1981) e o artista, entón mozo, Raimundo Patiño (1936-1985), protagonizaron unha polémica arredor da obra do artista catalán Antoni Tàpies (1913-2012), unha discusión pública que se desenvolveu con réplicas e contrarréplicas no xornal La Noche hai 60 anos. Todo comezou cunhas declaracións de Cunqueiro publicadas o 24 de febreiro en Faro […]

Ler máis
Cunqueiro e Lezama ou a luz do Paraíso

Achégase outro 28 de febreiro, o do trixésimo noveno cabodano do pasamento de Álvaro Cunqueiro, cando Mondoñedo convida a relembralo coa tradicional ofrenda no Vello Cemiterio, a lectura pública e popular da súa obra —Merlín e familia— amais de recoñecer ao presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, como cunqueiriano de mérito. E por […]

Ler máis
A dama e o cabaleiro

Como ben saben os adictos, o disco A dama e o cabaleiro con poemas de Álvaro Cunqueiro musicados por Amancio Prada foi editado por Ariola en 1987. Unha xoia discográfica que contén catorce cancións que son outros tantos poemas de Cunqueiro musicados e interpretrados pola voz do trobador nacido no Bierzo, en Dehesas de Ponferrada. […]

Ler máis