O 1 de xuño tiven a honra de acompañar por Mondoñedo a un pequeno grupo de membros do Club de Lecturas da Biblioteca Municipal Durán Loriga da Coruña. Adultos, maioritariamente mulleres, paseamos Mondoñedo baixo unha calor abrasante, seguíndolle os pasos ao autor da obra que acababan de ler, Merlín e familia de Álvaro Cunqueiro. Comezamos […]
A finais de 2018 César Cunqueiro doou ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo un retrato do seu pai que lle fixera en 1958 ou 1959 en Mondoñedo o pintor Néstor Casani. Trátase dun óleo de 84 cm x 110 cm que primeiro estivo no que foi cuarto do escritor na que hoxe é Casa Museo […]
A Asociación As San Lucas e o Colectivo Mondoñedo É… como organizadores do Mondoñedo é poesía 2019 non quixemos deixar pasar este 1 de maio sen rememorar a obra e a figura dun mindoniense fundamental no devir cultural e social do Mondoñedo de boa parte do s. XX. Cúmprense agora 120 anos do nacemento de […]
As Quendas non teñen santo nin santa. Chámanse así por coincidir a data coa das calendas, o primeiro día do mes que, neste caso, abre co canto do cuco e o alborexar da primavera. As Quendas, aínda que non gocen da longa historia das Feiras das San Lucas (imos cara os 854 anos de pasado), […]
Álvaro Cunqueiro, en palabras de X. Díaz Jácome, foi clave na recuperación dos Maios de Mondoñedo en 1934. Con letra del e música de Manuel Ledo Bermúdez ‘O Pallarego’, o coro infantil da rondalla O Eco esparexeu aquel ano polas rúas mindonienses este cantar que comeza “Maio está entrando por portas/ o Maio de namorar […]
La Voz de Galicia publicaba o sábado, 18 de outubro de 1930, dúas páxinas, a cuarta e a quinta, baixo o título xeral “Mondoñedo, la histórica ciudad, honra a súa santo patrono”. Advirtamos para servir a curiosidade de distraídos lectores ou lectoras que non é San Lucas nin foi nunca patrón de Mondoñedo, non por […]
“Mondoñedo: mito“ En Mondoñedo celebramos como un milagre a inauguración da Casa Museo Álvaro Cunqueiro o 1 de marzo de 2019 e compartimos a nosa ledicia cos admiradores da súa obra. Ponse así cabo a unha vella aspiración da tribo mindoniense, a de dispor dun lugar onde convidar a lectores, investigadores e curiosos da memoria […]
Este 2019, amais de prepararmos a apertura da Casa Museo Álvaro Cunqueiro, a nación das letras galegas debe prestarlle atención á dobre efeméride doutro mindoniense ilustre . Antonio María Jesús Manuel Fernández-Noriega Varela naceu en Mondoñedo, Campo dos Remedios, o 18 de outubro (día grande das San Lucas) de 1869 e faleceu en Viveiro o […]
Como lector, a Cunqueiro prefíroo polas mañás, tras o almorzo, coa mente esperta e as neuronas activas, dispostas a viaxar sen preguntar pola hora de regreso. A Galeano, en cambio, resérvoo para despois do xantar, no canto da sobremesa ou da sesta, para espelirme con eses golpes baixos, directos ao entripado da miña inconsciencia. E […]
A profesora María Xesús Lama López, nacida en Lugo e docente de literatura galega na Universidade de Barcelona, acaba de ser galardoada co Premio Nacional de Ensaio 2018 pola obra “Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade 1837-1863” (Galaxia, 2017). Vaian os nosos parabéns moi merecidos polo premio e pola excelente obra, mais o […]