A sinfonía das San Lucas

           A  Amancio Ares Rivas, dos Samordás, in memoriam   Nas memorias que teño a man non consta que san Lucas, que ademais de escritor de evanxeos, médico e pintor foi un gran viaxeiro, fíxese uso de cabalgadura nos seus frecuentes paseos canda san Pablo por Grecia e Exipto. San Pablo, […]

Ler máis
As zocas máxicas

Son neto de zoqueiro e gastador de zocas na nenez. Cando se fala delas véñenme á memoria sensacións visuais e emocionais como a das labras da madeira amoreadas arredor do banco onde o meu avó lograba a maxia, desde o desbastado ata o puído, de converter o toro de abuidueira, salgueiro ou ameneiro no humilde […]

Ler máis
O xastre e a viúva, peregrinos polo Camiño Norte

Escribiu Cunqueiro nun artigo da serie «El mundo y su sombra» que Lugo era pobre en estradas, “rotas, descortezadas y polvorientas” e rica en camiños. Por iso, concluía, “será cosa de su vocación de caminos de peregrinación”. A principios dos 60 do pasado século peregrinou desde O Cebreiro a Compostela e amais de deliciosas crónicas, […]

Ler máis
Tá en Puchades

A Asociación Tá en Artes, faro guía da arte da Mariña, homenaxea ao longo deste 2018 ao profesor e escultor Juan Puchades Quilis. Necesaria, xusta, e oportuna cortesía ao mestre que con altruísmo e xenerosidade doou o seu saber ao alumnado e aos discípulos que tivemos a fortuna de cruzar con el os camiños da […]

Ler máis
Cunqueiro e os kiwis

Non teño aquí abondo espazo para contarlles a historia da arribada dos froitos chamados kiwis a Galicia e menos aínda a das fascinantes e curiosas aves tamén chamadas kiwis que, polo de agora, non se deixaron ver por aquí. A ave kiwi é unha especie de galiña sen ás, endémica e símbolo nacional de Nova […]

Ler máis
O Anxo

Na memoria de Jaime Cabot Bujosa (Mallorca, 24. 7.1913 – Mondoñedo, 5-7.2005) Desde o lado noreste da Praza Jaime Cabot vese case todo Mondoñedo.  No outeiriño onde se atopa asentou no século XVIII o convento do Rosal, sempre coñecido como de Alcántara por seren os franciscanos descalzos que o rexentaron discípulos da orde fundada por […]

Ler máis
A calva de Cunqueiro

Como é sabido e resabido, tocar calvas atrae a sorte. É esta unha disciplina que se practica con vehemencia, pode que tamén con abuso de confianza, cando se achegan os grandes sorteos de lotaría que pechan e abren o ano. Se non coincide o premio co número do billete que se refrega contra o vougo […]

Ler máis
Mondoñedo, Paraíso da Fantasía

Todo o mundo sabe que Mondoñedo está nun val que se asemella a “unha man a medio abrir”, así llo pareceu a Manuel María, ou a unha “cunquiña deleitosa, onde todo frolece e todo medra”, segundo o venerable mestre e referente ético, Manuel Leiras Pulpeiro. Álvaro Cunqueiro confirmounos en letra impresa que, efectivamnente, Mondoñedo señorea […]

Ler máis
Gamos en Zoñán

Haberá cousa de tres ou catro días lin nun blog deses que se dedican a recomendar rutas turísticas que o castro de Zoñán tamén se pode visitar indo con nenos. Dou fe. Como a croa foi (agora é de propiedade pública) na súa maior parte da miña familia materna, eu xa me acheguei por alí […]

Ler máis