Este mes cómprense cen anos da inauguración do mausoleo que a comunidade mindoniense na Arxentina doou en memoria de Manuel Leiras Pulpeiro. O día 17, coincidindo coa celebración das San Lucas, lembraremos esa feliz circunstancia e renovaremos diante da súa tumba o inmenso afecto que el mereceu e que aínda hoxe se lle profesa. Como […]

Eu só entrei na Cova do Rei Cintolo dúas veces, ambas na compaña de xente experta. Nunha delas facía parte do grupo o ilustrador Xosé Cobas quen tivo o capricho de pedirnos aos acompañantes que apagásemos, co consentimento do responsable da visita, as lanternas do casco de protección. Pediu, ademais, que non falásemos e que […]
César González-Seco Romero falecía en Mondoñedo hai pouco máis dun século, o 19 de febreiro de 1921. Nacera o 22 de decembro de 1877 e só contaba 43 anos. Era avogado, xornalista, impresor, músico, industrial, tamén foi fiscal municipal e deputado provincial. Como músico foi violinista, dirixiu o Orfeón Mindoniense, refundou o Orfeón Pacheco e […]
O 16 de abril deste 2021 cumpríronse 40 anos do pasamento en Mondoñedo de Bernardino Vidarte Rivas, acontecido apenas mes e medio despois do falecemento do seu amigo, Álvaro Cunqueiro. Nacera en Bos Aires, fillo de emigrantes, o 18 de setembro de 1910. Con sete anos instálase en Mondoñedo onde vivirá ata a súa morte. […]
Os cruceiros, cruces e demais elementos afíns constitúen esa parte do patrimonio material e inmaterial que, a pesar de estar asociado ás crenzas relixiosas maioritarias, padece con intensidade o descoido institucional e social. Os cruceiros desaparecen por abandono, por quedaren ensumidos nun silveiral, por obras ou trompazos e ata por roubo pois existe grande vaidade […]
O 8 de xaneiro deste 2021 celebramos o centenario da publicación do primeiro número de Don Fino, o xornal satírico de saída irregular e breve vida que se imprimía na imprenta de César G, Seco de Mondoñedo. O seu ideario político anticaciquil e liberal defendía, desde o agrarismo católico máis combativo, o enfrontamento a campo […]
A Mariña, ancorada memoria dunha extinta provincia e sede bispal milenaria, é señorío mesturado de terra fértil e augas vivificantes, pedra e arxila, frondosos bosques e ríos saltasebes, frescas fontes e canoras fervenzas, covas enigmáticas e furnas misteriosas. A Mariña é praia, sol e sombra, camiño, sebeiro e ronsel de escuma no Mar das Baleas, […]
ISSN 2660-8324 (en liña) Dep. Legal: LU 62-2020 (PDF) O próximo 22 de agosto celebramos o centenario da fundación da Sociedad Mondoñedo y Distritos que se creou na mesma data de 1920 nunha reunión ritual celebrada no nº 725 da rúa Tacuari da cidade de Bos Aires. Asinaron a acta fundacional Valentín González, Víctor Domenech, […]
Pouco, moi pouco, se ten falado desta muller. Nin Cunqueiro a cita moito pero si as veces suficientes para termos que reservarlle un lugar de honra cabo da memoria do mestre. En 1980 nunha entrevista que lle fixo Pilar Cañás e que se emitiu en RNE, Cunqueiro responde a pregunta sobre quen lle fixera de confidente de neno […]
O próximo sábado, 22 de febreiro, Paco Martín fai oitenta anos. Oitenta febreiros de viaxe arredor da vida do mestre, escritor e intelectual pioneiro en tantas iniciativas culturais. Oitenta invernos compartindo creación con, sobre todo, xenerosa entrega a proxectos capitais para reverdecer unha lingua e unha literatura en perigo, sempre ao límite. Que dicir que […]