Imos dar un breve paseo polo ano 1903. Nos apéndices da obra de Eugenio Carré Aldao, La literatura gallega en el siglo XIX (Librería Regional de Carré, A Coruña, 1903) aparecen varios poemas en galego da autoría de catro poetas nacidos ou residentes en Mondoñedo. “Unha violeta” (1899) de Julio Rodríguez Meire, “Un de tantos” (1896) de Antonio Noriega Varela, “Salayos” (1897) de Ramiro Gayoso, e un poema sen título, cuxo primeiro verso […]
En xaneiro de 1926, o poeta e mestre, Antonio Noriega Varela, entón destinado en Trasalba, Amoeiro (Ourense), pasou uns días en Mondoñedo. Tamén viaxou a Foz na compaña da súa filla, Cándida, e ao regreso fixo parada en Lugo antes de voltar a terras ourensás. Con tal motivo, La Provincia, xornal de Lugo, publicou dos […]
Beatriz e Bea, Daniel e Pepe, sobriñas e sobriños e demais familia, amigas e amigos de Vizoso: Se mo permitides, este acto, en vez de despedida, debe ser de BENVIDA, mesmo de celebración do retorno de Vizoso ao punto de partida. Vizoso! Foi aquí, en Mondoñedo, onde nacestes ti e mailo teus irmáns e irmá, […]
Antonio Noriega Varela naceu en Mondoñedo, nunha casa que levaba o número 9 mesmo a carón do Campo e Alameda dos Remedios, polas San Lucas de 1869. Era o día de vésperas, o 17, de hai século e medio e desde entón, á marxe de aniversarios e cabodanos, foron varios os sucesos que protagonizou vencellados […]
Chamábase Cándida Fernández-Noriega Bello e naceu en Foz tras o casamento de Antonio Noriega Varela con Ramona Bello en 1902, despois de malográrense os dous primeiros fillos varóns. Agora que se aproxima o 18 de outubro, 150 aniversario de nacemento do poeta Noriega en Mondoñedo, queremos acordarnos brevemente da súa filla maior e das andanzas […]
Fai este ano, aconteceu o 17 ou o 18 de outubro de 1869, 150 anos do nacemento de Antonio Manuel Fernández-Noriega Varela, coñecido no parnaso das nosas letras como Antonio Noriega Varela. E polas mesmas datas tamén fará 124 anos da publicación impresa do seu primeiro poema, precisamente a obra premiada no certame convocado polas […]
Este 2019, amais de prepararmos a apertura da Casa Museo Álvaro Cunqueiro, a nación das letras galegas debe prestarlle atención á dobre efeméride doutro mindoniense ilustre . Antonio María Jesús Manuel Fernández-Noriega Varela naceu en Mondoñedo, Campo dos Remedios, o 18 de outubro (día grande das San Lucas) de 1869 e faleceu en Viveiro o […]