Beatriz e Bea, Daniel e Pepe, sobriñas e sobriños e demais familia, amigas e amigos de Vizoso: Se mo permitides, este acto, en vez de despedida, debe ser de BENVIDA, mesmo de celebración do retorno de Vizoso ao punto de partida. Vizoso! Foi aquí, en Mondoñedo, onde nacestes ti e mailo teus irmáns e irmá, […]

O amigo Xosé Vizoso partiu, sen previo aviso, no decorrer da noite entre o 8 e o 9 de febreiro deste 2025. Non se despediu, nin sequera se molestou en dicirnos adeus, ou, talvez xa o fixera e colleunos desprevidos, cegos e xordos á evidencia, sen que nos decatásemos. A triste nova sorprendeunos na mañanciña, […]
O 30 de xaneiro, coincidindo coa data de falecemento de Castelao, acaba de conmemorarse o Día da Ilustración que neste ano 2025 honrou ao artista e Fillo predilecto de Mondoñedo, Xosé Vizoso. A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), que promove esta homenaxe, xunto coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de […]
Os mitos relacionados coa cegueira narran casos extraordinarios. A Tiresias, o grego trans, ora home, ora muller, cegouno a deusa Hera e Zeus confortouno coa capacidade de ver o futuro. Santa Lucía, mártir de Siracusa, preferiu automutilarse e arrincar os ollos para enviarllos a un pretendente que devecía por desflorala e agora é padroeira dos […]
Se algún día visita vostede (recomendámoslle non demoralo) o Espazo Caritel situado mesmo a carón da espectacular basílica de San Martiño de Mondoñedo (Foz, Lugo), ademais de coñecer a obra cerámica e fotográfica de Daniel Río ‘Caxigueiro’, quedará impresionado pola marabilla da zona axardinada, terreo cosmopolita no que conviven ducias de variedades de camelias e […]
A Asociación Tá en Artes, faro guía da arte da Mariña, homenaxea ao longo deste 2018 ao profesor e escultor Juan Puchades Quilis. Necesaria, xusta, e oportuna cortesía ao mestre que con altruísmo e xenerosidade doou o seu saber ao alumnado e aos discípulos que tivemos a fortuna de cruzar con el os camiños da […]
Foz recende a mar e a verán. A miña primeira imaxe, xa nubra no recordo, é de cando nos levaron nosos pais á praia da Rapadoira. Daquela estrea quedan, máis ca imaxes, olores e sabores inesquecibles. Meu pai falábanos de Foz e dos arredores pois andara algún tempo cunha máquina de mallar; contaba que as […]
Todo o mundo sabe que Mondoñedo está nun val que se asemella a “unha man a medio abrir”, así llo pareceu a Manuel María, ou a unha “cunquiña deleitosa, onde todo frolece e todo medra”, segundo o venerable mestre e referente ético, Manuel Leiras Pulpeiro. Álvaro Cunqueiro confirmounos en letra impresa que, efectivamnente, Mondoñedo señorea […]
Tal día como hoxe, 28 de marzo de 1960, a corporación municipal de Mondoñedo nomeaba cronista oficial a Álvaro Cunqueiro. Sucedía a Eduardo Lence-Santar y Guitián, o noso primeiro cronista, falecido o 14 de xaneiro daquel mesmo ano, de cuxo nomeamento celebraremos o próximo 25 abril o centenario. Cunqueiro foi o segundo cronista oficial e […]
Amigo, Xosé: Non vou falar hoxe no meu nome senón no dos colectivos e persoas que promoven e colaboran para que esta homenaxe sexa hoxe realidade; falo, sobre todo, en nome da Asociación ‘As San Lucas’, do Colectivo Mondoñedo É… e no das persoas que desde a proposta inicial ofreceron a súa colaboración entusiasta para […]