Por estas datas do ano 1904, os ferroláns Román Torres e Joaquín Arias de Miranda con cadansúa montura dispuxéronse a facer “Una excursión a Mondoñedo” para visitar as San Lucas. A viaxe de ida durou dous días. Saíron de Ferrol o sábado, 15 de outubro, e despois de pasar por Narahío e As Pontes fixeron […]
A orixe das Feiras e Festas das San Lucas de Mondoñedo está escrita nun privilexio ou regalía que o rei Afonso VII concede a Vilamaior (actual Mondoñedo) o 9 de novembro do ano 1.156. Ordena El-Rei que Vilamaior sexa instituída Civitas baixo a súa protección, que celebre un mercado común en todas as kalendas do […]
Non van ser, non poden selo, estas San Lucas 2020 as de maior lucimento dos seus case novecentos anos de historia. As circunstancias non son as idóneas nin para celebrar nin para convocar pero si para aprender, meditar e preparar as que virán no futuro máis inmediato. Aínda así, co sentidiño posto no seu desenvolvemento, […]
Como ben saben os adictos, o disco A dama e o cabaleiro con poemas de Álvaro Cunqueiro musicados por Amancio Prada foi editado por Ariola en 1987. Unha xoia discográfica que contén catorce cancións que son outros tantos poemas de Cunqueiro musicados e interpretrados pola voz do trobador nacido no Bierzo, en Dehesas de Ponferrada. […]
Despois de casar Xoaquín Cunqueiro e Xosefa Mora, pai e nai do escritor Álvaro Cunqueiro Mora, alugaron a casa nº 1 da rúa entón chamada Méndez Núñez, mesmo a carón da Fonte Vella. A voda celebrouse o 1 de outubro de 1908, poucos días antes das San Lucas daquel ano que resultaron, por certo, coa […]
Antonio Noriega Varela naceu en Mondoñedo, nunha casa que levaba o número 9 mesmo a carón do Campo e Alameda dos Remedios, polas San Lucas de 1869. Era o día de vésperas, o 17, de hai século e medio e desde entón, á marxe de aniversarios e cabodanos, foron varios os sucesos que protagonizou vencellados […]
Fai este ano, aconteceu o 17 ou o 18 de outubro de 1869, 150 anos do nacemento de Antonio Manuel Fernández-Noriega Varela, coñecido no parnaso das nosas letras como Antonio Noriega Varela. E polas mesmas datas tamén fará 124 anos da publicación impresa do seu primeiro poema, precisamente a obra premiada no certame convocado polas […]
A Xosé Vizoso Lembreime desta historia cando reparei no cartel que pintou Xosé Vizoso para as San Lucas deste ano, composición na que me chamaron moito a atención as figuras de catro équidos, cabalos ou eguas non o sei, de cor azul. En Mondoñedo cóntase, e xa vén de vello, que polos montes da Toxiza […]