Como é sabido e resabido, tocar calvas atrae a sorte. É esta unha disciplina que se practica con vehemencia, pode que tamén con abuso de confianza, cando se achegan os grandes sorteos de lotaría que pechan e abren o ano. Se non coincide o premio co número do billete que se refrega contra o vougo […]
Hai personaxes esquecidos inxustamente. Un deles é Fernando Pérez Fontán e Villarroel, xuíz en Mondoñedo entre os anos 1914 e 1918. Nacera na Coruña, cidade na que comezou a exercer a avogacía en 1903. Casado con Avelina Díez de Ure foi nomeado xuíz de primeira instancia con destino en Villafranca del Bierzo, axiña trasladado primeiro […]
Todo o mundo sabe que Mondoñedo está nun val que se asemella a “unha man a medio abrir”, así llo pareceu a Manuel María, ou a unha “cunquiña deleitosa, onde todo frolece e todo medra”, segundo o venerable mestre e referente ético, Manuel Leiras Pulpeiro. Álvaro Cunqueiro confirmounos en letra impresa que, efectivamnente, Mondoñedo señorea […]
Ao amigo Santiago Ares Martínez Ou tamén poderiamos titular, se non resultase excesivo, “De como Colón, Franco, o aviador Lindbergh e a primeira Festa da Árbore celebrada en Mondoñedo en 1569 caben nun pé de páxina”. En moitas ocasións prefiro recrearme coa intrahistoria ou parahistoria das historias; sobre todo, como é o caso, cando xa […]
En Cee, terra natal, e Mondoñedo, cidade onde residiu e traballou a maior parte da súa vida, lembran o seu legado. *** Francisco Mayán, un home adaptado aos tempos © Fran Bouso – Mondoñedo Hoxe cumpriríanse cen anos do nacemento de Francisco Mayán Fernández, catedrático de Xeografía e Historia, investigador e profesor, nacido en Cee […]
O día 4 de outubro achégase a raíña Letizia a Mondoñedo para saudar o comezo de curso dos ciclos formativos deste 2016-2017. Parabéns ao IES San Rosendo, que foi o meu instituto e é o público de referencia para unha ampla comarca, e agradecemento á S. A. R. e ás autoridades intermedias, por lembrarse de […]
Cunqueiro só foi convidado a visitar a Real Academia Española despois de morto. Nunha ocasión, tres anos despois do seu falecemento, chegou alí da man da escritora Elena Quiroga, cando no seu discurso de ingreso na augusta casa, pronunciado o 8 de abril de 1984, falou de “Presencia y ausencia de Álvaro Cunqueiro”. Pasarían moitos […]