Este mes cómprense cen anos da inauguración do mausoleo que a comunidade mindoniense na Arxentina doou en memoria de Manuel Leiras Pulpeiro. O día 17, coincidindo coa celebración das San Lucas, lembraremos esa feliz circunstancia e renovaremos diante da súa tumba o inmenso afecto que el mereceu e que aínda hoxe se lle profesa. Como […]
Tal día como hoxe, 9 de novembro, de hai 108 anos falecía en Mondoñedo Manuel Leiras Pulpeiro. Naceu na mesma cidade o 25 de outubro de 1854 e faleceu ás catro da madrugada do sábado, 9 de novembro de 1912. Segundo testemuño directo recollido e publicado por X. Alonso Montero, expirou no colo do carpinteiro […]
Despois de comprobar a escasa media ducia de opcións que tiña para ver se me tocara algo neste sorteo extraordinario do Nadal, teño que dicir que o que importa é a saúde. Nin o gordo, nin o fraco; nin a pedrería, nin sequera o reintegro. Pero consólome lembrando que ao xornalista e agrimensor Dodolino Trigo […]
Cumpríronse 95 anos da primeira homenaxe post mortem a Manuel Leiras Pulpeiro e 85 da primeira edición da obra inédita ou dispersa. A homenaxe celebrouse en Mondoñedo o 30 de outubro de 1921 coa asistencia de persoeiros como Antón Villar Ponte, Uxío Carré Aldao, Vicente Risco, Eladio Rodríguez ou Lois Peña Novo. No transcurso do […]
Manuel Leiras Pulpeiro (Mondoñedo 1854–1912) foi deses bos e xenerosos que deixan nas atmosferas que habitan unha pegada imperecedoira. Canto máis sabemos deste médico, poeta, etnógrafo, republicano federalista, filántropo (e mil cousas máis), coherente ata máis aló da morte co seu pensar, máis o admiramos. Unha persoa íntegra nun tempo radicalmente hostil. Epítetos como “santo […]
MORRE MANUEL LEIRAS PULPEIRO Morre en Mondoñedo Manuel Leiras Pulpeiro. Un home cun profundo e honesto compromiso cos desfavorecidos do seu tempo, un combatente contra a barbarie fundamentalista tanto civil como relixiosa, un inimigo radical da soberbia dos poderosos. Poeta, médico, lexicógrafo, etnógrafo, político progresista e republicano, masón, filántropo, humanista, foi coñecido como o “Médico […]
NACE MANUEL LEIRAS PULPEIRO O 25 de outubro de 1854 nace na rúa da Ronda (hoxe rúa Febrero) Manuel Leiras Pulpeiro. Foi un home con un profundo e honesto compromiso cos desfavorecidos do seu tempo, un combatente contra a barbarie fundamentalista tanto civil como relixiosa, un inimigo radical da soberbia dos poderosos. Poeta, médico, lexicógrafo, […]
A Xulio do Canelo e a Pepe de Bastián O pasado 22 de maio percorremos as xeografías valecas do poema “Un galo” de M. Leiras Pulpeiro. Convidáronnos a Isidro Novo e a min Xulio do Canelo e Pepe de Bastián, un tándem que mestura nas doses xustas o maxisterio ben documentado cunha memoria prodixiosa. Un […]