Fomos a Viana do Castelo! O 10 de novembro asistimos á primeira representación da obra “Manuela Rey is in da house” (Manuela Rey está na casa). O acontecemento tivo lugar na sala principal do fermosísimo Teatro Municipal Sá de Miranda, edificio inaugurado en 1885 que aínda mantén case intacta a construción orixinal, o quinto máis […]
Manuela Rey, a actriz galega que marabillou o público do Teatro Nacional Dona María II de Lisboa desde 1857 a 1865, naceu en Mondoñedo, no lugar da Pradela de Trigás, o 1 de outubro de 1842 e faleceu en Lisboa, vítima do tifo, o 26 de febreiro de 1866. A súa carreira como actriz, breve […]
Queda moito por descubrir da mindoniense Manuela Rey (Mondoñedo, 1 de outubro de 1842 – Lisboa, 26 de febreiro de 1866). Como actriz, como creadora, como muller …, tanto queda por saber e por contar que, estou seguro, chegará o día no que teremos que escribir con letras de ouro o seu nome no lintel da porta de honra da historia do teatro galego. […]
No Teatro D. María II de Lisboa brillou como ningunha a estrela rutilante desta actriz que naceu en Mondoñedo en 1842 e morreu, cando o éxito máis lle sorría, con tan só 23 anos. De Mondoñedo a Lisboa Nun libro titulado ”Manuela Lopes Rey”, o nº 3 da colección Os Contemporaneos, editado en Lisboa probablemente […]