Y foi unha revista mensual, órgano de propaganda da Sección Feminina, dedicada aos temas da muller nacional sindicalista. Fundouna Pilar Primo de Rivera en febreiro de 1938 e dirixiuna Marichu de la Mora, neta de Maura e nai do cineasta Jaime Chávarri. A toda cor, ilustrada con fotografías, debuxos e gravados, moi ben editada e […]

MONDOÑEDO é POESÍA 2022 1 de maio de 2022 MONDOÑEDO é POESÍA 2022 (8ª EDICIÓN) Mondoñedo é poesía chega á súa 8ª edición convocando para o vindeiro 1 de maio en Mondoñedo (Capital galega da poesía) os amantes do verso dito, recitado, cantado, musicado ou visual. Esta actividade enmárcase, como sempre foi, dentro da […]
Manuel Montero Rego, o Merlín de Cunqueiro e Mondoñedo, viaxou ao ceo da memoria na tardiña do venres, 15 de abril de 2022, cos seus 94 anos consumidos. Volveuse etéreo e de agora en adiante só se deixará ver en figura de vara de mago como unha luciña refulxente nun océano de fantasías. O demais […]
Este mes cómprense cen anos da inauguración do mausoleo que a comunidade mindoniense na Arxentina doou en memoria de Manuel Leiras Pulpeiro. O día 17, coincidindo coa celebración das San Lucas, lembraremos esa feliz circunstancia e renovaremos diante da súa tumba o inmenso afecto que el mereceu e que aínda hoxe se lle profesa. Como […]
Eu só entrei na Cova do Rei Cintolo dúas veces, ambas na compaña de xente experta. Nunha delas facía parte do grupo o ilustrador Xosé Cobas quen tivo o capricho de pedirnos aos acompañantes que apagásemos, co consentimento do responsable da visita, as lanternas do casco de protección. Pediu, ademais, que non falásemos e que […]
O 8 de xaneiro deste 2021 celebramos o centenario da publicación do primeiro número de Don Fino, o xornal satírico de saída irregular e breve vida que se imprimía na imprenta de César G, Seco de Mondoñedo. O seu ideario político anticaciquil e liberal defendía, desde o agrarismo católico máis combativo, o enfrontamento a campo […]
Tal día como hoxe, 9 de novembro, de hai 108 anos falecía en Mondoñedo Manuel Leiras Pulpeiro. Naceu na mesma cidade o 25 de outubro de 1854 e faleceu ás catro da madrugada do sábado, 9 de novembro de 1912. Segundo testemuño directo recollido e publicado por X. Alonso Montero, expirou no colo do carpinteiro […]
Achégase outro 28 de febreiro, o do trixésimo noveno cabodano do pasamento de Álvaro Cunqueiro, cando Mondoñedo convida a relembralo coa tradicional ofrenda no Vello Cemiterio, a lectura pública e popular da súa obra —Merlín e familia— amais de recoñecer ao presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, como cunqueiriano de mérito. E por […]
Xa deixamos noutras crónicas noticia de Toribio Novoa, Rudesindo Caldeiro, Otilia de Lindín ou do petit chantre do Gil Blas de Le Sage, aos que engadimos agora o nome de Dosinda, personaxe de ficción natural de Mondoñedo segundo quen a imaxinou, o escritor Alonso Zamora Vicente (Madrid 1916-2006). Dou con Dosinda nun relato deste filólogo, […]
Despois de casar Xoaquín Cunqueiro e Xosefa Mora, pai e nai do escritor Álvaro Cunqueiro Mora, alugaron a casa nº 1 da rúa entón chamada Méndez Núñez, mesmo a carón da Fonte Vella. A voda celebrouse o 1 de outubro de 1908, poucos días antes das San Lucas daquel ano que resultaron, por certo, coa […]