De Ruada con Noriega Varela

Fai este ano, aconteceu o 17 ou o 18 de outubro de 1869, 150 anos do nacemento de Antonio Manuel Fernández-Noriega Varela, coñecido no parnaso das nosas letras como Antonio Noriega Varela. E polas mesmas datas tamén fará 124 anos da publicación impresa do seu primeiro poema, precisamente a obra premiada no certame convocado polas […]

Ler máis
Amador V. González, un mindoniense rebelde

Sabemos deste mindoniense por Xosé Neira Vilas[1], e por artigos de Andrés García Doural[2] e, entre outros, de Martín Fernández Vizoso[3]. Tipógrafo, impresor, xornalista, narrador e poeta en galego e castelán, ademais de conferenciante, dramaturgo, actor, director teatral e activista político e cultural, pois promoveu a creación de bibliotecas e obras públicas de todo tipo. […]

Ler máis
Paseando Mondoñedo

O 1 de xuño tiven a honra de acompañar por Mondoñedo a un pequeno grupo de membros do Club de Lecturas da Biblioteca Municipal Durán Loriga da Coruña. Adultos, maioritariamente mulleres, paseamos Mondoñedo baixo unha calor abrasante,  seguíndolle os pasos ao autor da obra que acababan de ler, Merlín e familia de Álvaro Cunqueiro. Comezamos […]

Ler máis
Historia dun retrato de Cunqueiro

A finais de 2018 César Cunqueiro doou ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo un retrato do seu pai que lle fixera en 1958 ou 1959 en Mondoñedo o pintor Néstor Casani. Trátase dun óleo de 84 cm x 110 cm que primeiro estivo no que foi cuarto do escritor na que hoxe é Casa Museo […]

Ler máis
Soleiro nas Quendas

As Quendas non teñen santo nin santa. Chámanse así por coincidir a data coa das calendas, o primeiro día do mes que, neste caso, abre co canto do cuco e o alborexar da primavera. As Quendas, aínda que non gocen da longa historia das Feiras das San Lucas (imos cara os 854 anos de pasado), […]

Ler máis
Volven os Maios a Mondoñedo

Álvaro Cunqueiro, en palabras de X. Díaz Jácome, foi clave na recuperación dos Maios de Mondoñedo en 1934. Con letra del e música de Manuel Ledo Bermúdez  ‘O Pallarego’, o coro infantil da rondalla O Eco esparexeu aquel ano polas rúas mindonienses este cantar que comeza “Maio está entrando por portas/ o Maio de namorar […]

Ler máis
A Fontiña do Pasatempo

Remexendo nas hemerotecas dixitais atopo unha curiosa variante da lenda que narra a retención da esposa do mariscal Pardo de Cela cando regresaba co perdón real que evitaría a execución do seu esposo na Praza Maior de Mondoñedo. Na versión popular máis coñecida cóntase que o suceso tivo lugar o 17 de decembro de 1483 […]

Ler máis
Noriega Varela, dobre efeméride en 2019

Este 2019, amais de prepararmos a apertura da Casa Museo Álvaro Cunqueiro, a nación das letras galegas debe prestarlle atención á dobre efeméride doutro mindoniense ilustre . Antonio María Jesús Manuel Fernández-Noriega Varela naceu en Mondoñedo, Campo dos Remedios, o 18 de outubro (día grande das San Lucas) de 1869 e faleceu en Viveiro o […]

Ler máis
Chus Lama e Cunqueiro en Cataluña

A profesora María Xesús Lama López, nacida en Lugo e docente de literatura galega na Universidade de Barcelona, acaba de ser galardoada co Premio Nacional de Ensaio 2018 pola obra “Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade 1837-1863” (Galaxia, 2017). Vaian os nosos parabéns moi merecidos polo premio e pola excelente obra, mais o […]

Ler máis
Cando Mondoñedo respira poesía

Polas calendas maias, no bico da primavera, Mondoñedo vístese de galanura. É o tempo das Feiras e Festas das Quendas e o do recital poético-musical ‘Mondoñedo é poesía’, que xa anda pola quinta edición. Outro ano máis volverá a recender Mondoñedo a versos frescos, acabados de dicir como cando Cunqueiro, Jácome, Vidarte e outros iluminaban […]

Ler máis