A orixe das San Lucas

A orixe das Feiras e Festas das San Lucas de Mondoñedo está escrita nun privilexio ou regalía que o rei Afonso VII concede a Vilamaior (actual Mondoñedo) o 9 de novembro do ano 1.156. Ordena El-Rei que Vilamaior sexa instituída Civitas baixo a súa protección, que celebre un mercado común en todas as kalendas do […]

Ler máis
O Cristo do Fiouco

Parece que por fin se acometen as urxentes obras de restauración do Cristo do Fiouco, un cruceiro singular situado onde se bican as parroquias de Cadavedo e Argomoso e os concellos da Pastoriza e Mondoñedo. O proxecto técnico e a financiación das obras necesarias corre a cargo de Enel Green Power España SL, empresa beneficiaria […]

Ler máis
Visita ao Rei Cintolo

Eu só entrei na Cova do Rei Cintolo dúas veces, ambas na compaña de xente experta. Nunha delas facía parte do grupo o ilustrador Xosé Cobas quen tivo o capricho de pedirnos aos acompañantes que apagásemos, co consentimento do responsable da visita, as lanternas do casco de protección. Pediu, ademais, que non falásemos e que […]

Ler máis
César González-Seco Romero

César González-Seco Romero falecía en Mondoñedo hai pouco máis dun século, o 19 de febreiro de 1921. Nacera o 22 de decembro de 1877 e só contaba 43 anos. Era avogado, xornalista, impresor, músico, industrial, tamén foi fiscal municipal e deputado provincial. Como músico foi violinista, dirixiu o Orfeón Mindoniense, refundou o Orfeón Pacheco e […]

Ler máis
O incunable de Mondoñedo

Incunables díselles ás obras impresas entre a invención da imprenta por Gutenberg a mediados do s. XV e comenzos do s. XVI. O primeiro investigador que deu noticia sobre a existencia deste incunable mindoniense foi o bibliófilo alemán Konrad Haebler en 1923: o Confesional ou Breve forma de Confesión da autoría de Alonso de Madrigal, […]

Ler máis
Mondoñedo, retrato urxente

Máis ca retrato, este é un bosquexo que nestes días esfumados en penumbra vén perfilado en confinado silencio. Manuel María dixo que Mondoñedo parece “unha man a medio abrir”, o venerable médico e escritor, Manuel Leiras Pulpeiro, que se parece a unha “cunquiña deleitosa, onde todo frolece e todo medra”, e Álvaro Cunqueiro que señorea […]

Ler máis
O rato de Cunqueiro

Despois de casar Xoaquín Cunqueiro e Xosefa Mora, pai e nai do escritor Álvaro Cunqueiro Mora, alugaron a casa nº 1 da rúa entón chamada Méndez Núñez, mesmo a carón da Fonte Vella. A voda celebrouse o 1 de outubro de 1908, poucos días antes das San Lucas daquel ano que resultaron, por certo,  coa […]

Ler máis
A máquina de contar de Álvaro Cunqueiro

Quen visite a Casa Museo Cunqueiro en Mondoñedo debe facer parada obrigada ao final do percorrido, no vello faio, cabo da mesa onde se expón a Smith Premier nº 10, a máquina de contar que acompañou ao escritor ao longo da súa vida, unha ferramenta imprescindible que, de falar ou ditar unhas memorias, podería contar […]

Ler máis
Alicia, silencio

Alicia Esperanza de la Paz Tella-Villamarín Ferreiro (Doncide, Pol, 1938- Mondoñedo, 2019), despediuse o 10 de setembro de 2019 ás caladas, como sempre viviu e obrou. Estudou Maxisterio, aínda que nunca exerceu a profesión. Chegou a Mondoñedo con apenas seis anos, primeiro por amor á súa tía Alicia, esposa de Pepe Cunqueiro, irmán de Álvaro, […]

Ler máis
Paseando Mondoñedo

O 1 de xuño tiven a honra de acompañar por Mondoñedo a un pequeno grupo de membros do Club de Lecturas da Biblioteca Municipal Durán Loriga da Coruña. Adultos, maioritariamente mulleres, paseamos Mondoñedo baixo unha calor abrasante,  seguíndolle os pasos ao autor da obra que acababan de ler, Merlín e familia de Álvaro Cunqueiro. Comezamos […]

Ler máis