Álvaro Cunqueiro, en palabras de X. Díaz Jácome, foi clave na recuperación dos Maios de Mondoñedo en 1934. Con letra del e música de Manuel Ledo Bermúdez ‘O Pallarego’, o coro infantil da rondalla O Eco esparexeu aquel ano polas rúas mindonienses este cantar que comeza “Maio está entrando por portas/ o Maio de namorar […]
La Voz de Galicia publicaba o sábado, 18 de outubro de 1930, dúas páxinas, a cuarta e a quinta, baixo o título xeral “Mondoñedo, la histórica ciudad, honra a súa santo patrono”. Advirtamos para servir a curiosidade de distraídos lectores ou lectoras que non é San Lucas nin foi nunca patrón de Mondoñedo, non por […]
“Mondoñedo: mito“ En Mondoñedo celebramos como un milagre a inauguración da Casa Museo Álvaro Cunqueiro o 1 de marzo de 2019 e compartimos a nosa ledicia cos admiradores da súa obra. Ponse así cabo a unha vella aspiración da tribo mindoniense, a de dispor dun lugar onde convidar a lectores, investigadores e curiosos da memoria […]
En Cabana de Vella sempre houbo lobos. Antes de pelo e agora, polo que parece, tamén de pluma. Cando íamos por alí apañar toxos para cocer, segar a herba para verde ou para seco, alindar as vacas ou facer outros traballos buscabamos as pegadas das súas poutas nos lameiros de arredor das fontes e xogabamos […]
A memoria non perturba a paz dos cemiterios. Ao contrario, ilumina coas verdades que botábamos en falta un pasado escurecido a mantenta, ademais de escorrentar medos e aliviar simbolicamente a silenciada dor das vítimas. A memoria é semente necesaria para construírmos presentes e futuros liberados dos erros de tráxicos pasados. Eliminar a historia ou guerrear […]
Mondoñedo, sábado 12 de xaneiro de 2019 O sábado 12 de xaneiro homenaxeamos en Mondoñedo a Graciano Paz, Siervo González e Manuel Rodríguez Núñez, tres veciños de ben, asasinados hai 81 anos na nosa cidade polo seu compromiso coa causa da democracia e da xustiza social. PROGRAMA 12:00h. Inauguración dun monólito na súa lembranza no parque a carón […]
Remexendo nas hemerotecas dixitais atopo unha curiosa variante da lenda que narra a retención da esposa do mariscal Pardo de Cela cando regresaba co perdón real que evitaría a execución do seu esposo na Praza Maior de Mondoñedo. Na versión popular máis coñecida cóntase que o suceso tivo lugar o 17 de decembro de 1483 […]
Este 2019, amais de prepararmos a apertura da Casa Museo Álvaro Cunqueiro, a nación das letras galegas debe prestarlle atención á dobre efeméride doutro mindoniense ilustre . Antonio María Jesús Manuel Fernández-Noriega Varela naceu en Mondoñedo, Campo dos Remedios, o 18 de outubro (día grande das San Lucas) de 1869 e faleceu en Viveiro o […]
Eu non sei andar en bici. Intenteino. Foi na do meu primo, Feliciano, pero no primeiro ensaio, cando xa estaba chegando ao Rego do Ferreiro de Rego de Cas por aquela costiña abaixo, o meu pé dereito soltouse do pedal e enganchou na cadea, e a cadea arrastrouno ata o piñón que, sen contemplacións nin […]
Este 2 de agosto de 2018 cúmprense 25 anos do pasamento de Carlos Folgueira, o Rei das Tartas. Aconteceu en 1993 no hospital Juan Canalejo da Coruña, onde estaba ingresado para atender uns graves problemas renais que non tiveron solución. Foi soterrado en Mondoñedo, no Cemiterio Municipal, o 4 de agosto, tras un funeral na […]