O Chinchaollo e o pan dos mortos

Son días de soutar castañas. Despois de apañalas podemos comelas de mil maneiras. Ou gardalas. Hai quen as seca nos sequeiros para máis adiante saborealas mentres se vai consumindo o inverno, sexan crúas secas con casca (maiolas) ou pisadas, cocidas con casca (mamotas), asadas ou peladas, ou, quen sabe, se, por que non, en confeito. […]

Ler máis
Xulio do Canelo, Mestre da Memoria

Xulio do Canelo, no carné de identidade Xulio Rodríguez Leiras, vén de ser recoñecido como Mestre da Memoria pola sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritoras e Escritores de Galicia (AELG). Unha distinción ben merecida, tanto por Xulio como pola Mestra deste ano, Yolanda Díaz Gallego, arquivo vivo da nosa emigración en […]

Ler máis
Cando unha rúa cambia de nome

En Mondoñedo, por desgracia, non se constrúen novas rúas nin se urbanizan barrios de nova planta cada ano. Como consecuencia, sóbrannos nomes de persoeiros ilustres e fáltannos lugares onde lembralos como merecen. Non queda outra que recolocar os marcos para facer sitio. Xosé Vizoso naceu o 26 de marzo de 1950 na rúa Pardo de […]

Ler máis
Fíxose a luz!

Vaiamos ao 15 de outubro de 1886, véspera das San Lucas. Juan de Diego e García Alcolea (sería arcebispo de Compostela entre 1925 e 1927), criouse e estudou en Mondoñedo, lugar onde residía e era profesor do seminario cando fixo a entrada na diócese o bispo José Mª Cos e Macho. Nesta data, segundo conta […]

Ler máis
A porta e rúa de Batitales de Mondoñedo

A porta de Batitales ou de Santo Domingo da muralla medieval de Mondoñedo reconstruída en 1320 estaba situada nas confluencias das actuais rúas Concepción, Pacheco, Leiras Pulpeiro e José Febrero. Derrubouse cando se construÍu o mosteiro das concepcionistas entre 1713 e 1717. Desde a porta de Batitales accedíase á cidade polo occidente e a rúa […]

Ler máis
Coches e cabalos: do látego ao motor

Como se desprazaba a xente a finais do século XIX e principios do XX! A ver! A maioría, obviamente, facíano a pé, aínda que as distancias intermedias fosen importantes. Outros faríano de a cabalo ou noutro equino, quizais en carro ou tamén, por que non, en coche ou en tren, alí onde o houbese. Pero, […]

Ler máis
Un poeta demente e plaxiario

Imos dar un breve paseo polo ano 1903. Nos apéndices da obra de Eugenio Carré Aldao, La literatura gallega en el siglo XIX (Librería Regional de Carré, A Coruña, 1903) aparecen varios poemas en galego da autoría de catro poetas nacidos ou residentes en Mondoñedo. “Unha violeta” (1899) de Julio Rodríguez Meire, “Un de tantos” (1896) de Antonio Noriega Varela, “Salayos” (1897) de Ramiro Gayoso, e un poema sen título, cuxo primeiro verso […]

Ler máis
As San Lucas de Vizoso

Cando aínda andan depenicando as greas as penúltimas herbas outonías e trotan os poldros quincenos de contento, cando rinchan ceibes os garañóns e bufan impacientes as eguas nos altos de Campo de Oso ou Cabana de Vella, alá embaixo, no leito do val, Mondoñedo comeza a engalanarse para celebrar as San Lucas un ano máis. […]

Ler máis
Paco Piñeiro, Fillo Predilecto de Mondoñedo

PACO PIÑEIRO A UN PASO DE SER NOVO FILLO PREDILECTO DE MONDOÑEDO Segundo unha nota oficial difundida polo concello de Mondoñedo este vén de iniciar o trámite para o nomeamento como Fillo Predilecto de don Francisco Piñeiro González (Paco Piñeiro). No último pleno ordinario celebrado na Casa Consistorial o 31 de xullo de 2025, presentouse […]

Ler máis
As cantareiras de Mondoñedo

Como saben, a Real Academia Galega dedicou o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificándoo en sete mulleres: Pandereteiras de Mens (Malpica), Eva Castiñeira (Muxía) e Adolfina e Rosa Casás (Cerceda). Quizais a mellor maneira de sumarnos a esta celebración é homenaxear como merecen mulleres das que hai memoria nos nosos respectivos […]

Ler máis