Centenario de Don Fino

O 8 de xaneiro deste 2021 celebramos o centenario da publicación do primeiro número de Don Fino, o xornal satírico de saída irregular e breve vida que se imprimía na imprenta de César G, Seco de Mondoñedo. O seu ideario político anticaciquil e liberal defendía, desde o agrarismo católico máis combativo, o enfrontamento a campo […]

Ler máis
Mondoñedo na Memoria (nº 1): Centenario de ‘Mondoñedo y Distritos’

ISSN 2660-8324 (en liña) Dep. Legal: LU 62-2020 (PDF) O próximo 22 de agosto celebramos o centenario da fundación da Sociedad Mondoñedo y Distritos que se creou na mesma data de 1920 nunha reunión ritual celebrada no nº 725 da rúa Tacuari da cidade de Bos Aires. Asinaron a acta fundacional Valentín González, Víctor Domenech, […]

Ler máis
O xuíz Pérez Fontán, vítima da gripe de 1918

Hai personaxes esquecidos inxustamente. Un deles é Fernando Pérez Fontán e Villarroel,  xuíz en Mondoñedo entre os anos 1914 e 1918. Nacera na Coruña, cidade na que comezou a exercer a avogacía en 1903. Casado con Avelina Díez de Ure foi nomeado xuíz de primeira instancia con destino en Villafranca del Bierzo, axiña trasladado primeiro […]

Ler máis
O Son da Paula

Como cada xuño chega puntual á miña caixa de correo o número correspondente ao curso 2016/2017 de “O Son da Paula”, a revista escolar do IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo. Un exemplar abondoso en páxinas, fermoso de presentación, denso en contidos, profundo e lúcido de ideas; un espello onde se proxecta nidio o sentir […]

Ler máis
Mindoniensas

Celebro a iniciativa do meu concello de organizar este ano unha exposición para contribuír á visibilidade social das mulleres de antes e de agora. Desde as pioneiras Antonia Santos (1831), fotógrafa, Manuela Rey (1842- 1866), actriz, Mª de los Ángeles Vázquez (1877-1912), escritora, ata as aínda mozas Natalia Alonso, Tania Pérez e Ainara Rodríguez. Escolleron […]

Ler máis
Don Fino, un xornal agrarista e anticaciquil

O 8 de xaneiro de 1921 saía á rúa en Mondoñedo o primeiro número de “Don Fino”, un periódico definido como agrarista e anticaciquil, primeiro quincenal, semanal a partir do número 7 e máis tarde esporádico, ata que foi cerrado por orde gubernativa o 12 de xuño do mesmo ano cando levaba editados tan só […]

Ler máis
Por que creamos o Premio Mondoñedo10? (Bases, finalistas e fallo do xurado – 2016)

Mondoñedo é literatura (poesía, narrativa, teatro) e chámase Escola de Cantores do Nadal, Escola Poética do Seminario ou Leiras, Cunqueiro, Noriega, Jácome … e moitos nomes máis, mortos ou vivos como Marina Mayoral. Mondoñedo é ensaio e historia e chámase Lence, Mayán, Cal Pardo … e agora Xe Freyre, Requeixo, Meilán, Félix Villares, García Doural. […]

Ler máis
Pepe Ruíz Leivas

A mellor maneira de saber da saúde vital dun lugar é ler a prensa que foi xerando devagar. A historia dilata e contrae, como os latexos do corazón, e, xa que logo, indica ben o ritmo do devir de calquera asentamento humano. Se atendemos ao arredor de medio cento de cabeceiras de prensa que se […]

Ler máis
12 de setembro de 1954: Coroación da Virxe dos Remedios

Celébrase este día, coincidindo co domingo da festividade, a solemne ceremonia de Coroación da Virxe dos Remedios. Publícase tamén nesta data o primeiro número de “Pregón Mindoniense” dedicado integramente a ensalzar esta ceremonia con artigos asinados, entre outros, por A. Cunqueiro, E. Lence-Santar, Alejo Barja, Francisco Mayán, A. Noriega, Xosé Díaz Jácome, Xosé Trapero Pardo […]

Ler máis