Fillos do medo, escravos do silencio

Homenaxe popular a Graciano Paz Amieiro, Siervo González Rivas e Manuel Rodríguez Núñez, no 80 aniversario do seus asasinatos. Mondoñedo, 13 de xaneiro de 2018 Se non fósemos fillos do medo e escravos do silencio non tardariamos 80 anos en reivindicar a límpida memoria dos tres asasinados na travesía da Rocha de Mondoñedo na mañanciña […]

Ler máis
Memoria dunha escola rural

A escola de Zoñán (Mondoñedo) só estivo activa entre 1925 e 1974. Apenas medio século de vida que, como a de tantas outras, ten o mérito de contribuír a alfabetizar ao cento por cento tres xeracións: bisavós, avós e pais dos zoñanegos actuais. En novembro de 1924 anunciábase a creación e a inminente apertura de […]

Ler máis
Moito Paco e aínda máis Paz

Prezado Paco: Eu non sei en que estarías pensando cando me convidaches a intervir neste acto. Non sei se nalgún momento te arrepentiches pero se non o fixeches pode que esteas a punto de facelo.  En calquera caso, como che faltou valor para comunicarmo, agora xa non ten remedio! Se mo permiten, quero comezar esta […]

Ler máis
Cando o gato mira de esguello, 30 anos ao asexo

Non quero deixar escapar este 2017 sen lembrarvos que a novela de Xe Freyre (Mondoñedo, 1962) “Cando o gato mira de esguello” leva 30 anos entre nós. Trátase do único texto literario de certa extensión que, desde a portada á contracapa, sucede integramente nun Mondoñedo renomeado na ficción como Torrevella de Abrea. Non esquezo “A […]

Ler máis
Camiños de Santiago, nova ruta pola Mariña

Moito antes de que se inventasen os avións e incluso os OVNIS, voou sobre a Mariña un viaxeiro montado nun cabalo. Ida e volta, desde Slagelse, en Dinamarca, ata Compostela de Galicia. Un suceso que hoxe nos parece sorprendente pero que entón, finais do s. XII ou principios do XIII, cando a maxia gobernaba as […]

Ler máis
Robert Taylor nunca estivo en Lindín

Para Eugenio Niñe Fernández Otilia de Lindín é produto da imaxinación de José Miguel Bel, perito e escritor madrileño que publicou en 2017 “Historias dun topógrafo de campo”, en edición, gratuíta en internet, do Centro Nacional de Información Geográfica, dependente da IGN (Instituto Geogáfico Nacional). Bel é enxeñeiro técnico en topografía, traballou no IGN, ademais […]

Ler máis
Milagre en San Cristovo

O lugar de San Cristovo, parroquia d’Os Remedios (Mondoñedo), sitúase na aba do outeiro que coroa o castro de Zoñán, a carón da estrada provincial LU P-3106 entre Mondoñedo e Abadín. Só ten tres casas, a dos Pepitos, a de Monterroso e a de Xerrín. Algo afastada está a capela dedicada ao santo que lle […]

Ler máis
O do Mirador habería que miralo

Os de Mondoñedo estamos acostumados a mirar cara arriba. É a penitencia perpetua que nos tocou por habitar os baixíos dun val rodeado de alturas con excelentes vistas panorámicas. Bendita penitencia! Hai uns días parei o coche na explanada do Mirador. Precisaba saber que senten os que non sendo mindonienses nos ven desde as alturas […]

Ler máis
A calva de Cunqueiro

Como é sabido e resabido, tocar calvas atrae a sorte. É esta unha disciplina que se practica con vehemencia, pode que tamén con abuso de confianza, cando se achegan os grandes sorteos de lotaría que pechan e abren o ano. Se non coincide o premio co número do billete que se refrega contra o vougo […]

Ler máis
Mondoñedo É… cine

Homenaxe a Victoriano López García A 39 edición da Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, a celebrar nesta cidade entre o 18 e o 23 de setembro de 2017, homenaxea ao mindoniense Victoriano López García. (Ver PROGRAMA) O día 22 de setembro, ás 18:00 h. presentarase na Deputación de Lugo unha publicación que contén unha […]

Ler máis