Cunqueiro (con Esquío) en Lugo

O afecto a Lugo que Álvaro Cunqueiro manifestou en numerosas ocasións comezou nos anos adolescentes cando visitaba a cidade para examinarse por libre no instituto. Despois viría a estadía como aspirante a bacharel e as amizades lugueses –Pimentel, Fole, Trapero…– que tanto cultivou. Dedicou a Lugo, á muralla, ao san Froilán, ao Miño ou aos […]

Ler máis
Cronistas

José Villaamil y Castro (Madrid, 1838-1910) e Víctor de Silva Posada (Mondoñedo, 1858-1925), foron dous destacados persoeiros que deixaron valiosas obras para a historia de Mondoñedo e de Galicia. Ambos foron colaboradores de numeroso medios, entre eles Galicia Diplomática, a revista de arquivos, bibliotecas, historia, arqueoloxía, heráldica, literatura, ciencias e artes que dirixiu entre 1882 […]

Ler máis
Miscelánea Mindoniense

Un non se decata da urxencia de atopar unha fonte onde acalmar a sede ata que a secura o aperta o suficiente. Falo da sede de saber de nós mesmos, do noso pasado familiar e veciñal, de coñecer as vidas dos nosos parentes e devanceiros, de dar razón de como foron as cousas ou quen […]

Ler máis
Historia das orixes

Acaba de publicarse o libro “As orixes de Mondoñedo”, unha edición do concello da autoría do historiador e arqueólogo, Abel Vigo García. O subtítulo especifica que se trata dun percorrido polo que hoxe se sabe da Prehistoria, Idade Antiga e Tardorromanidade das terras de Mondoñedo. Grazas a esta publicación sabemos que o noso territorio ofrece […]

Ler máis
O Cristo do Fiouco

Parece que por fin se acometen as urxentes obras de restauración do Cristo do Fiouco, un cruceiro singular situado onde se bican as parroquias de Cadavedo e Argomoso e os concellos da Pastoriza e Mondoñedo. O proxecto técnico e a financiación das obras necesarias corre a cargo de Enel Green Power España SL, empresa beneficiaria […]

Ler máis
Visita ao Rei Cintolo

Eu só entrei na Cova do Rei Cintolo dúas veces, ambas na compaña de xente experta. Nunha delas facía parte do grupo o ilustrador Xosé Cobas quen tivo o capricho de pedirnos aos acompañantes que apagásemos, co consentimento do responsable da visita, as lanternas do casco de protección. Pediu, ademais, que non falásemos e que […]

Ler máis
César González-Seco Romero

César González-Seco Romero falecía en Mondoñedo hai pouco máis dun século, o 19 de febreiro de 1921. Nacera o 22 de decembro de 1877 e só contaba 43 anos. Era avogado, xornalista, impresor, músico, industrial, tamén foi fiscal municipal e deputado provincial. Como músico foi violinista, dirixiu o Orfeón Mindoniense, refundou o Orfeón Pacheco e […]

Ler máis
Balsaminas

Trátase dun libriño de 66 páxinas da autoría do sacerdote, capelán da Catedral de Mondoñedo e escritor, Manuel Rico Prieto. Foi impreso en Tip. de C. de Acción Social Católica en 1953. Contén 21 capítulos organizados baixo os subtítulos Cuentos, Teatro, Versos, Santoral de Galicia e Guión histórico de Mondoñedo. O título seguramente ten que […]

Ler máis
Centenario de Don Fino

O 8 de xaneiro deste 2021 celebramos o centenario da publicación do primeiro número de Don Fino, o xornal satírico de saída irregular e breve vida que se imprimía na imprenta de César G, Seco de Mondoñedo. O seu ideario político anticaciquil e liberal defendía, desde o agrarismo católico máis combativo, o enfrontamento a campo […]

Ler máis
Cunqueiro en tres folios

Cunqueiro sempre sorprende para ben e a obra que lles recomendamos amplía horizontes e engrandece, se isto for posible, a enorme figura literaria do autor de Mondoñedo. Na primavera deste extravagante 2020 viu a luz, en primorosa edición ao coidado de Miguel González Somovilla, unha extraordinaria antoloxía de artigos periodísticos da autoría de Álvaro Cunqueiro […]

Ler máis