Non van ser, non poden selo, estas San Lucas 2020 as de maior lucimento dos seus case novecentos anos de historia. As circunstancias non son as idóneas nin para celebrar nin para convocar pero si para aprender, meditar e preparar as que virán no futuro máis inmediato. Aínda así, co sentidiño posto no seu desenvolvemento, […]

Dicíamos nun artigo anterior que a Sociedad Mondoñedo y Distritos se creou en Bos Aires o 22 de agosto de 1920 e que un dos seus froitos máis excelsos foi a publicación de Do Noso Lar, álbum artístico-literario de 96 páxinas con fotografías de persoeiros, paisaxes, patrimonio e monumentos. Coordinou a edición Ricardo Veiga e […]
Máis ca retrato, este é un bosquexo que nestes días esfumados en penumbra vén perfilado en confinado silencio. Manuel María dixo que Mondoñedo parece “unha man a medio abrir”, o venerable médico e escritor, Manuel Leiras Pulpeiro, que se parece a unha “cunquiña deleitosa, onde todo frolece e todo medra”, e Álvaro Cunqueiro que señorea […]
As nodrizas da Casa Inclusa teñen sen cobrar os haberes de 1918 e os primeiros 3 meses de 1919. Cóntase que cobren o 7 de agosto. Constitúese diante do notario Barja a Sociedad Mindoniense de Cabotaje, construtora e armadora de buques, presidida por Antonio Maseda Bouso. Nos asteleiros da Espiñeira vaise comezar a construír un barco […]
No nº 142 de Vida Gallega aparece a foto de Enriqueta Álvarez Gallego en “posse bucólica”. Era filla de Xerardo Álvarez Limeses, sobriña-neta do entón notario de Mondoñedo e irmán do seu avó, Xerardo Álvarez Giménez, irmá de Xerardo e de Amalia (esposa máis adiante de Alexandre Bóveda), Casou en 1926 con Justo López Blanco, fillo do […]
La Competidora Universal, canteira e fábrica transformadora de mármores sita entre Galgao (Abadín) e Sasdónigas (Mondoñedo), promociónase na prensa. A primeiros de ano visitan Mondoñedo enxeñeiros do Estado e representantes da Sociedad de Ferrocarriles Eléctricos para facer comprobacións. Dáse por feito que Ribadeo e Lugo terán axiña conexión por tranvía que, pasando por Mondoñedo e […]
Aínda que se anunciou que serían tres as corais galegas que acudirían á Exposición Universal de París de 1889, El Eco da Coruña e o Orfeón Gallego de Lugo, só o Orfeón Coruñés nº 4 ofreceu concertos na gran Sala de Concertos do Palacio Trocadero os días 22 e 24 de agosto. Esta agrupación, a […]
Achégase outro 28 de febreiro, o do trixésimo noveno cabodano do pasamento de Álvaro Cunqueiro, cando Mondoñedo convida a relembralo coa tradicional ofrenda no Vello Cemiterio, a lectura pública e popular da súa obra —Merlín e familia— amais de recoñecer ao presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, como cunqueiriano de mérito. E por […]
Achegámonos á exposición retrospectiva de Caxigueiro (2005-2019) no Museo Provincial de Lugo. A combinación sintáctica do título, ‘A métrica do ilusionismo’, acáelle e resume as preocupacións conceptuais do artista, a importancia que lle concede ás técnicas para transformar o imaxinario e ao control da medida estética, visual e incluso fonética da súa obra. Como saben […]
Os actos organizados por Memoria da Mariña (Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica e Iniciativa Galega pola Memoria) tiveron lugar en Mondoñedo o 11 de xaneiro de 2020. Asistiu numeroso público e varios familiares das vítimas. E tamén representantes de distintos colectivos e institucionais como os portavoces dos tres partidos que conforman a corporación […]