Pregón Festa da Árbore 2019 (450 aniversario 1569-2019 da Primeira Festa da Árbore). Mondoñedo, 2 de febreiro de 2019 A primeira Festa da Árbore Hoxe celebramos un aniversario único, moi importante. O 4 de febreiro de 1569, aquí, en Mondoñedo, nesta mesma Alameda, tivo lugar por primeira vez na historia un acto público co obxectivo […]

A primeira Festa da Árbore da historia celebrouse en Mondoñedo o 4 de febreiro de 1569. O 2 de febreiro deste 2019 conmemoramos, na mesma Alameda dos Remedios onde tivo lugar a primeira, o 450 aniversario. Eran os tempos do poderoso rei Felipe II, aquel con frontes de guerra abertas no Atlántico cos británicos, no Mediterráneo cos turcos, nos Países Baixos…; ano no que se preparaba […]
Ás veces, tamén en Mondoñedo, o silencio estoura en berros de dor e morte. Iso foi o que aconteceu aquela mañanciña do 11 de xaneiro de 1938 cando elementos fascistas e gardas civís asasinaron a traizón, con nocturnidade e aleivosía, a Graciano Paz, Siervo González e Manuel Rodríguez. Tres homes bos dos que deberamos lembrar, […]
A memoria non perturba a paz dos cemiterios. Ao contrario, ilumina coas verdades que botábamos en falta un pasado escurecido a mantenta, ademais de escorrentar medos e aliviar simbolicamente a silenciada dor das vítimas. A memoria é semente necesaria para construírmos presentes e futuros liberados dos erros de tráxicos pasados. Eliminar a historia ou guerrear […]
Mondoñedo, sábado 12 de xaneiro de 2019 O sábado 12 de xaneiro homenaxeamos en Mondoñedo a Graciano Paz, Siervo González e Manuel Rodríguez Núñez, tres veciños de ben, asasinados hai 81 anos na nosa cidade polo seu compromiso coa causa da democracia e da xustiza social. PROGRAMA 12:00h. Inauguración dun monólito na súa lembranza no parque a carón […]
Remexendo nas hemerotecas dixitais atopo unha curiosa variante da lenda que narra a retención da esposa do mariscal Pardo de Cela cando regresaba co perdón real que evitaría a execución do seu esposo na Praza Maior de Mondoñedo. Na versión popular máis coñecida cóntase que o suceso tivo lugar o 17 de decembro de 1483 […]
Este 2019, amais de prepararmos a apertura da Casa Museo Álvaro Cunqueiro, a nación das letras galegas debe prestarlle atención á dobre efeméride doutro mindoniense ilustre . Antonio María Jesús Manuel Fernández-Noriega Varela naceu en Mondoñedo, Campo dos Remedios, o 18 de outubro (día grande das San Lucas) de 1869 e faleceu en Viveiro o […]
Como lector, a Cunqueiro prefíroo polas mañás, tras o almorzo, coa mente esperta e as neuronas activas, dispostas a viaxar sen preguntar pola hora de regreso. A Galeano, en cambio, resérvoo para despois do xantar, no canto da sobremesa ou da sesta, para espelirme con eses golpes baixos, directos ao entripado da miña inconsciencia. E […]
A profesora María Xesús Lama López, nacida en Lugo e docente de literatura galega na Universidade de Barcelona, acaba de ser galardoada co Premio Nacional de Ensaio 2018 pola obra “Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade 1837-1863” (Galaxia, 2017). Vaian os nosos parabéns moi merecidos polo premio e pola excelente obra, mais o […]
Esmorecía o venres 25 de xuño de 1948 cando no bico da media noite, en Vilanova de Lourenzá, a escasa luz artificial contornaba as sombras dun home e dunha muller que avanzaban confiados cara a vila. Regresaban da festa do San Xoán. Nun alustro todo muda. Mentres unha man mataba a luz das lámpadas outra […]