Cunqueiro e Lezama ou a luz do Paraíso

Achégase outro 28 de febreiro, o do trixésimo noveno cabodano do pasamento de Álvaro Cunqueiro, cando Mondoñedo convida a relembralo coa tradicional ofrenda no Vello Cemiterio, a lectura pública e popular da súa obra —Merlín e familia— amais de recoñecer ao presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, como cunqueiriano de mérito. E por […]

Ler máis
Os artificios creativos de Caxigueiro

Achegámonos á exposición retrospectiva de Caxigueiro (2005-2019) no Museo Provincial de Lugo. A combinación sintáctica do título, ‘A métrica do ilusionismo’, acáelle e resume as preocupacións conceptuais do artista, a importancia que lle concede ás técnicas para transformar o imaxinario e ao control da medida estética, visual e incluso fonética da súa obra. Como saben […]

Ler máis
Homenaxe aos mariñaos asasinados polo franquismo

Os actos organizados por Memoria da Mariña (Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica e Iniciativa Galega pola Memoria) tiveron lugar en Mondoñedo o 11 de xaneiro de 2020. Asistiu numeroso público e varios familiares das vítimas. E tamén representantes de distintos colectivos e institucionais como os portavoces dos tres partidos que conforman a corporación […]

Ler máis
Efemérides mindonienses para 2020

No círculo dos días mindonienses este 2020 debera reservar algunhas horas para traer ao presente a memoria de persoas e obras que merecen ser lembradas. Mirando polo espello retrovisor vemos alá no xa afastado 1820 o nacemento de Dimas Corral Rebellón, médico, xornalista e filósofo, fillo de Luis Corral Rodríguez, cantor do Nadal, e pai […]

Ler máis
A inopinada morte de Dosinda de Mondoñedo

Xa deixamos noutras crónicas noticia de Toribio Novoa, Rudesindo Caldeiro, Otilia de Lindín ou do petit chantre do Gil Blas de Le Sage, aos que engadimos agora o nome de Dosinda, personaxe de ficción natural de Mondoñedo segundo quen a imaxinou, o escritor Alonso Zamora Vicente (Madrid 1916-2006). Dou con Dosinda nun relato deste filólogo, […]

Ler máis
A dama e o cabaleiro

Como ben saben os adictos, o disco A dama e o cabaleiro con poemas de Álvaro Cunqueiro musicados por Amancio Prada foi editado por Ariola en 1987. Unha xoia discográfica que contén catorce cancións que son outros tantos poemas de Cunqueiro musicados e interpretrados pola voz do trobador nacido no Bierzo, en Dehesas de Ponferrada. […]

Ler máis
De barcos voadores

A ansia do ser humano por voar é vella, desde Ícaro, pobre, a san Xosé de Copertino, o franciscano italiano do s. XVII que levitou setenta veces sen que mediase forza física. Mentres non se logrou voar con medios ordinarios fixémonos ilusións e aplicamos o cualificativo de voadores a outros aparellos como, por exemplo, os […]

Ler máis
O rato de Cunqueiro

Despois de casar Xoaquín Cunqueiro e Xosefa Mora, pai e nai do escritor Álvaro Cunqueiro Mora, alugaron a casa nº 1 da rúa entón chamada Méndez Núñez, mesmo a carón da Fonte Vella. A voda celebrouse o 1 de outubro de 1908, poucos días antes das San Lucas daquel ano que resultaron, por certo,  coa […]

Ler máis
Noriega Varela e As San Lucas

Antonio Noriega Varela naceu en Mondoñedo, nunha casa que levaba o número 9 mesmo a carón do Campo e Alameda dos Remedios, polas San Lucas de 1869. Era o día de vésperas, o 17, de hai século e medio e desde entón, á marxe de aniversarios e cabodanos, foron varios os sucesos que protagonizou vencellados […]

Ler máis
Memoria da imprenta en Mondoñedo

Nos arredor de 500 anos de historia da imprenta en Mondoñedo, anotamos en letras de molde unha data capital; o 16 de setembro de 2019, luns dos Remedios, inaugurouse na Casa dos Cóengos (entre a Catedral e o Seminario, a carón da casa natal de P. Veiga) o Centro de Interpretación ‘Imprenta Mondoñedo. Jesús López […]

Ler máis