Nomes

NOMES PROPIOS DE MONDOÑEDO

ARAÚJO, Manuel.- (Viana do Castelo, 1924 — Mondoñedo, 03.03.1991). Músico e actor. (+ info)

ARAÚXO IGLESIAS, Miguel Anxo.- (Pereiro de Aguiar, 10.01.1920 -Ourense, 22.07.2077). Bispo de Mondoñedo desde 1970 a 1985.

BARRO GONZÁLEZ, José (Viloalle-Mondoñedo, 13.02.1873 – Viveiro, 14-01.1943). Empresario da industria da automoción en Chavín, Viveiro.

BUÓN, Francisco de Paula.- (Mondoñedo, 2.04.1839 – Foz, 14.08.1872). Crego, músico e poeta.

CABOT BUJOSA, Jaime (Mallorca, 24.07.1913 – Mondoñedo, 5.07.2005). Coengo e organista da catedral de Mondoñedo.

CORRAL REBELLÓN, Dimas.- (Mondoñedo, 3.02.1820 – Lugo, 28.06.1868). Médico, xornalista e filósofo.

CUNQUEIRO MORA, Álvaro.- (Mondoñedo, 22.12.1911 – Vigo, 28.02.1981). Xornalista e escritor. Cronista Oficial de Mondoñedo desde 1960 a 1981.

DOCAMPO, Jesús (Suso de Bernabel).- (Lourenzá, 17.12.1926 —Vilamor, 23.01.2009). Poeta popular (+ info)

FERNÁNDEZ DE CASTRO Y MENÉNDEZ HEVIA, Manuel.- (Ovieu, 10.01.1834 – Mondoñedo, 27.06.1905). Bispo de Mondoñedo desde 1889 a 1905. Escritor e tradutor en bable.

FRAGA VEIGA, Graciano.- (Mondoñedo, 21.02.1917 – 4.03.1943) Pintor e escritor ( + info)

GARCÍA OLANOFrancisco (Mondoñedo, 12.09.1870 – Bos Aires, 21.08.1933) Foi síndico do Banco de Galicia e presidente do Centro Galego de Bos Aires desde 1923 a 1926.

LEIRAS PULPEIROManuel.- (Mondoñedo, 25.10.1854 – 9.11.1912). Poeta, médico, lexicógrafo, etnógrafo, político progresista e republicano, patriota, masón, filántropo, humanista.

LENCE PÉREZFelipe.- (Mondoñedo, 1.05.1848 – Santa Cruz do Couzadoiro, Ortigueira, 22.01.1913). Crego e escritor.

LENCE-SANTAR Y GUITIÁNEduardo.- (Mondoñedo, 16.07. 1879 -14.01.1960). Escritor, xornalista, historiador e Cronista Oficial de Mondoñedo desde 1917 a 1960.

LÓPEZ GARCÍAVictoriano (Mondoñedo, 22.03.1910 – Madrid 2.09.1995). Enxeñeiro industrial, catedrático e produtor de cine, primeiro director do Instituto de Investigaciones y Experiencias Cinematográficas, Goya de Honor 1990.

LÓPEZ E LÓPEZ BOLAÑOJacinto Romualdo.- (Ribadeo, 7.02.1808 – Mondoñedo, 30.06.1895). Mestre, xornalista, escritor e político. Foi alcalde de Mondoñedo entre1843 e 1844.

MARTÍNEZ MONTENEGRO, Cándido.- (Mondoñedo, 9.03.1831 – 21.12.1899). Avogado e político liberal (+ info)

MAYÁN FERNÁNDEZ, Francisco.- (Cee, 30.09.1916 — Lugo, 05.09.2010). Historiador, profesor, alcalde de Mondoñedo e director do IES San Rosendo desde 1953 ata 1985. (+ info)

NORIEGA VARELAAntonio.- (Mondoñedo, 18.10.1869 – Viveiro, 27.03.1947). Mestre, xornalista, poeta.

PEDREIRA PÉREZ, Ricardo.- (Mondoñedo, 16.06.1928 – Oviedo, 31.03.2013). Economista, profesor universitario. Autor de varios libros sobre Mondoñedo. Nomeado Fillo Predilecto de Mondoñedo, a título póstumo, en 2013.

RICO PRIETOManuel.- (Mondoñedo, 12.01.1889 – 18.11.1964) Crego e escritor.

REYManuela.- (Mondoñedo, 1.10.1842 – Lisboa, 26.02.1866). Actriz de teatro. ( + info)

RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, José María.- (Mondoñedo, 07.12.1895 – …?) Pintor, decorador (+ info)

SILVA POSADA, Víctor de.- (Mondoñedo, 25.04.1858 – 27.12.1925).  Foi escritor, xornalista e un gran historiador, un dos que máis aportou ao coñecemento da historia local. (+info)

TAPIA RIVASEmilio.- (Mondoñedo, 7.08.1862 — Lugo, 12.06.1918). Avogado, político, profesor, xornalista, escritor, presidente da Deputación de Lugo e membro fundador da Real Academia Galega)