Almanaque de Mondoñedo


XANEIRO


_____

—1 de xaneiro—

1915.-No Almanaque Gallego para este ano, editado en Bos Aires por Manuel Castro López, Manuel Murguíaescribe un artigo titulado “La Alborada” onde pon en dúbida a autoría de Pascual Veiga da “Alborada Galega”. A reacción en Mondoñedo foi inmediata e o xornal “El Cruzado”, coa sinatura de Antonio Maseda, exíselle ao entón presidente da Real Academia Galega unha proba ou unha rectificación inmediata. (+ info)

1919.-O “grippe” causa estragos nestes primeiros días do ano, especialmente nas parroquias de Viloalle e Figueiras.

_____

—2 de xaneiro—

1903.-Segundo unha inscrición existente na base, o 2 de xaneiro de 1903 rematouse a obra do fornelo do Cristo do lugar do Milladoiro, en Barbeitas, á beira do Camiño de Santiago. En tempos paraban aquí os enterros para rezar un responso. Aínda queda o pousadoiro, pero agora a imaxe do Cristo foi retirada e o conxunto está moi deteriorado. (+ info)

_____

—5 de xaneiro—

1947.- Morre en O Pedroso, parroquia de San Vicente de Trigás, José Nogueira Maseda, tallista ao que se atribúe, segundo tradición familiar, a feitura do corvo  da imaxe de San Vicente, da parroquia de Trigás. (+ info)

 _____

—6 de xaneiro—

1916.-Un caso insólito para a época. Morre en Mondoñedo con 106 anos dona María Teresa Ibáñez.

1917.-Celébrase en Lugo, na Deputación, un concurrido banquete en homenaxe aos comisionados encargados de xestionar en Madrid a concesión do tren Lugo-Mondoñedo-Ribadeo.  Asisten ao acto numerosos mindonienses e son moitos tamén os que se adhiren máis o tren … (+ info)

_____

—7 de xaneiro—

1733.-Nace en Mondoñedo José Febrero.

1916.-Grave accidente na ponte de San Vicente. O auto-correo de La Ferrocarrilana, que presta o servizo entre Baamonde e Ribadeo, despénase e resultan oito feridos, dous de gravidade.

1937.- Eliseo Iravedra Valle, soldado do bando ‘nacional’, morre no Hospital de Sangre de Lugo. Fora ferido en Santullano (Asturias).

1942.-Comeza a emitirse na Habana, na RHC-Cadena Azul, “La tremenda corte”, un serial de enorme éxito que se mantivo en antena máis de 20 anos. Un dos protagonistas principais era un personaxe ao que se lle atribuía orixe mindoniense, Rudesindo Caldeiro y Escobiña. (+ info)

1954.-Inauguración oficial do Centro de Enseñanza Media y Profesional de Mondoñedo (hoxe IES San Rosendo). No acto interviron o bispo da diocese, Mariano Vega Mestre, o alcalde e xefe local do ‘Movimiento’, Alejo Barja Prieto, o director, Francisco Mayán Fernández, e  gobernador civil e xefe provincial do ‘Movimiento’, Valle Vázquez, entre outras autoridades e público. A Banda de Música “Pascual Veiga”, e a rondalla do ‘Frente de Juventudes’, dirixida porManuel Ledo Bermúdez, ambientaron musicalmente os actos que remataron cun ‘vino respañol’.

_____

—8 de xaneiro—

1921.-Sae o primeiro número do periódico satírico “Don Fino”, do que só se publicaron 21 números ata xuño de 1921. O seu director foi Ramón Lorenzo “O Farraco”, e tivo colaboracións de Cándido Carreiras e Antonio Noriega Varela, entre outros. (+ info)

_____

—10 de xaneiro—

1834.-Nace en Oviedo Manuel Fernández de Castro y Ménendez Hevia, o que había ser bispo de Mondoñedo desde 1890 ata o seu pasamento, acontecido en Mondoñedo o 27 de xuño de 1905.
1884.-A sorprendente somnámbulista italiana Emma Zanardelli tiña anunciada unha primeira función en Mondoñedo para este día, 10 de xaneiro de 1884. Non se deixou ver, a pesar de estar distribuídos anuncios por todas as esquinas das rúas mindonienses. ( + info)

1920.-Nace en Sabadelle, O Pereiro de Aguiar (Ourense) Miguel Anxo Araúxo Iglesias, o que había ser bispo da diocese Mondoñedo-Ferrol desde 1970 a 1985.

_____
—12 de xaneiro—

1889.-Nace en Mondoñedo o crego e escritor Manuel Rico Prieto.

1906.-A Real Academia Galega nomea a Eduardo Lence-Santar-Guitián “Membro correspondente”.

____
—14 de xaneiro—

1943.-Morre en Viveiro José Manuel Barro González. Nacera no Vilar, en Viloalle o 13 de febreiro de 1873. Aprendiz de reloxeiro, afeccionado ao ciclismo, sindicalista agrario, mercou unha fábrica de lenzos, velames e lonas que converteu, primeiro en central hidroeléctrica e logo nunha industria punteira de automoción (importou en 1905 o primeiro motor de explosión que se viu en Galicia) que floreceu en Chavín, Viveiro desde 1907 ata 1981. Representante da firma francesa De Dion-Bouton, construtor de bicicletas, camións e autobuses. (+ info)

1960.-Morre en Mondoñedo o historiador, escritor e primeiro cronista oficial da cidade, Eduardo Lence-Santar-Guitián.

____

—21 de xaneiro—

1930.-Morre en Mondoñedo con 69 anos Edesio Mancebo Rey, músico, político, libreiro e impresor. Era fillo do tamén músico e impresor, Hermenegildo Mancebo, e nacera nesta cidade o 8 de abril de 1861. Foi concelleiro e formou parta da comisión organizadora das San Lucas de 1895. Como músico, foi membro da capela de música da catedral e da banda municipal. Encargouse da imprenta fundada polo seu pai a partir do ano 1887. Os seus herdeiros vendéronlle a imprenta, sita na rúa chamada entón Cándido Martínez (actual Lence-Santar)  a Jesús López Díaz, quen pronto a trasladou á rúa Progreso co nome de “Suc. de Mancebo”.

_____
—22 de xaneiro—

1913.-Morre en Santa Cruz do Couzadoiro, Ortigueira (A Coruña), onde era párroco, Felipe Lence Pérez. Ademais de crego ilustrado, foi poeta e prosista notable. Nacera o 1 de maio de 1848 en Mondoñedo.

_____

—25 de xaneiro—

1809.-O xeneral Fournier ocupa Mondoñedo con 1.300 soldados de infantería e 700 dragóns, o principal corpo da cabaleiría do exército francés. O xeneral hospédase no pazo bispal. Ao seguinte día, queixoso pola falta de comodidade do apousento, está a piques de pasar pola espada ao bispo Andrés Aguiar y Caamaño. O bispo non sofre dano pero vese obrigado a publicar unha pastoral para solicitar obediencia ao emperador francés. Nos días e meses seguintes os veciños do Valadouro, Oirán, Masma, Viloalle e outros lugares fanlle fronte ás tropas francesas con fouces e forcados. Os principais enfrontamentos tiveron lugar no Monte de Camba, o 17 de febreiro, coa consecuencia de 28 mortos entre os paisanos, no Monte de Carracedo, o 3 de marzo, con algún mortos, e no Monte Trinidad, Vilamor, o 11 de marzo, con varios mortos. Ao fin, as tropas francesas abandonan Mondoñedo entre o 14 e o 19 de abril deste ano 1809.

1878.-Celébrase en Mondoñedo o enlace entre Afonso XII e María de las Mercedes de Orleáns. Unha bomba estoura na praza da catedral e mata á nena de cinco anos,  Josefa Montero Teijeiro, e causa feridas graves á nai a unha irmá.

1922.- Un incendio destrúe o edificio da rúa Febrero onde estivera instalada a Imprenta Perrote en Mondoñedo.

_____

—26 de xaneiro—

1929.-Foi nomeado Fillo Adoptivo de Mondoñedo Manuel Lage Castrillón. Nacera o 13 de novembro de 1867 en Ortigueira. Militar e alcalde de Mondoñedo, morre nesta cidade o 20 de novembro de 1939.


FEBREIRO


_____

—1 de febreiro—

1549.-Desta data é a primeira referencia documentada (segundo X. Ruíz Leivas (2016): Un paseo polo Barrio dos Muíños) da existencia dun muíño no Barrio dos Muíños.  A nova vén nun pergameo que di que nesta data aforaron a Pedro Sanjurjo o Muíño da Fabega, que o forador debería conservar “moliente y corriente” 

 _____

—2 de febreiro—

1904.-Celebrouse en Lindín a entón, ao parecer, “tradicional fiesta” das Candelas. Este ano seica concurriu pouca xente polo mal tempo, pero houbo gaita moi ben tocada por un veciño do lugar.

1952.-Morre en Mondoñedo o músico Eduardo Pernas “Pibardos”.

1976.-Morre en Mondoñedo o músico Antonio González Amieiro “O Gaspar”. Nacera no Barrio dos Castros o 18 de setembro de 1900.

_____

—3 de febreiro—

1820.-Nace en Mondoñedo o médico, xornalista e filósofo Dimas Corral Rebellón. Era fillo de Luis Corral Rodríguez, cantor do Nadal, e pai de Clara, Rita e Consuelo Corral Aller, as tres escritoras. Morreu en Lugo o 28 de xuño de 1868.

_____

9 de febreiro

1893.-Chegan ao cárcere de Mondoñedo procedentes do de Lugo nun tílburi descuberto os reos condenados polo famoso crime de Sasdónigas, Manuela Vidal e Manuel Rivas. Manuela ocupa unha habitación na parte alta do edificio, con vistas ao patio central e con bastante luz, cheminea e piso de madeira. Manuel vén aparentemente enfermo e é acomodado sen compañañía nun calabozo da planta baixa.

1927.-Morre en Mondoñedo Eustorgia Acebo Parga, chamada “A Francesiña” pola maneira provocadora que tiña de vestir nos anos mozos. Tivo amores co músico Pascual Veiga que foron desautorizados polo tío e titor da moza (quedara orfa de pai e nai con menos de 7 anos), o crego Alejo Acebo Rivas. O tío choeuna no convento de Valdeflores de Viveiro e Pascual Veiga marchou de Mondoñedo en 1864 para non regresar. Eustorgia casou co médico Víctor Salvatierra Freire, do que, sen ter descendencia, se separou. Está sepultada nun mausoleo familiar no Cemiterio Vello de Mondoñedo, a escasos metros doutro onde descansan os restos de Pascual Veiga. Nacera o 14 de abril de 1848. (+ info)

_____

—10 de febreiro—

1909.-Morre en Mondoñedo, onde nacera, o músico Ramón Teijeiro Martín. Foi discípulo de Pacheco, baixo, tenor, salmista e axudante do sochante na capela de música da SIC de Mondoñedo. Foi director do Orfeón Pacheco a principios da década dos 80 do s. XIX. Foi salmista na catedral de Santiago, en Toledo e no Real de San Isidro de Madrid, cidade onde tamén cantou en diferentes teatros. Pai do fotógrafo Antonio Teijeiro Prieto. Hábil caricaturista e retratista, foi amigo do escultor Brocos e de Pedro Martínez, un mindoniense que foi tenor notable na catedral de Santiago. Como curiosidade e segundo o que se afirma nun artigo asinado por Ramón Martínez e publicado en “El norte de Galicia” o 17 de decembro de 1910, foi el quen lle comunicou a José Villaamil y Castro alá por 1863 a descuberta dun segundo tramo (o primeiro fora descuberto o ano anterior) das pinturas murais coñecidas como “A matanza dos Santos Inocentes” existentes na catedral de Mondoñedo.

_____

—11 de febreiro

1933.-Histórico mitín en Mondoñedo, no Salón Teatro do Casino a favor do Estatuto e da Autonomía de Galicia. Era sábado pola tardiña, falaron diante dunha “extraordinaria animación” Otero Pedrayo, Villar Ponte, Suárez Picallo e Castelao. Presentou o acto Álvaro Cunqueiro.

_____

—13 de febreiro

 1873.-Nace no Vilar, na parroquia de Viloalle, José Manuel Barro González. Aprendiz de reloxeiro, afeccionado ao ciclismo, sindicalista agrario, mercou unha fábrica de lenzos, velames e lonas que convertiu, primeiro en central hidroeléctrica e logo nunha industria punteira de automoción (importou en 1905 o primeiro motor de explosión que se viu en Galicia) que floreceu en Chavín, Viveiro, desde 1907 ata 1981. Representante da firma francesa De Dion-Bouton, construtor de bicicletas, camións e autobuses, morreu en Viveiro o 14 de xaneiro de 1943. (+ info)

_____

—17 de febreiro

 1809.-O xeneral francés François Fournier ocupaba Mondoñedo desde o 25 de xaneiro con 1.300 soldados de infantería e 700 dragóns, o principal corpo da cabaleiría do exército francés. O xeneral hospédase no pazo bispal. O 26 de xaneiro, o xeneral francés, queixoso pola falta de comodidade do apousento, está a piques  de pasar pola espada ao bispo Andrés Aguiar y Caamaño. O bispo non sofre dano pero vese obrigado a publicar unha pastoral para solicitar obediencia ao emperador francés. Nos días seguintes, os veciños do Valadouro, Oirán, Masma, Viloalle  e outros lugares fanlle fronte ás tropas francesas sen máisarmas  ca fouces e forquitos. Os principais enfrontamentos tiveron lugar no Monte de Camba, o 17 de febreiro, coa consecuencia de 28 mortos entre os paisanos, no Monte de Carracedo, o 3 de marzo, con algún mortos, e no Monte Trinidad, en  Vilamor, o 11 de marzo, con varios mortos. Por fin, entre o 14  e o 19 de abril deste ano 1809, as tropas francesas abandonan Mondoñedo.

_____

—20 de febreiro

1893.-Ás 8 horas deste día entran en capela no Cárcere de Mondoñedo os reos condenados pola morte de Juan Paz en outubro de 1891. Trátase de Manuela Vidal, de 41 anos, a segunda esposa da vítima, e de Manuel Rivas, de 24 anos. Asasinos e vítima son veciños de Sasdónigas. Manuela chora e pide que non lle lean a sentenza; viste traxe color castaño en bo estado, pano negro ao pescozo e outro branco na cabeza co que tenta tapar o rostro. Rexeita facer testamento porque di que só posúe un trapos e 40 reás, que deixa aos pobres. Manuel Rivas declárase inocente, bica constantemente un crucifixo e está tumbado na cama; a media tarde subministranlle un estimulante. Déronlles de comer caldo e chocolate. As pulsacións de ambos oscilan entre 75 e 80. Cregos, médicos e autoridades, incluído o bispo, visitanos. Hai temporal de vento e auga en Mondoñedo. As esperanzas nun indulto son practicamente nulas.

_____

—21 de febreiro

1893.-Ás oito e seis minutos son executados Manuela Vidal e Manuel Rivas, condenados polo crime de Sasdónigas. Os gastos da execución importan 576,12 pesetas, aportando o Estado o 1%. A VOT de San Franscisco costea as caixas mortuorias e fai unha colecta para sufraxios pola alma dos reos, impoñerlles os hábitos e recibirlles a proposición de facérense irmáns da Orde ás catro horas de entrar en capela, acompañalos procesionalmente con cruz e estandarte ao patíbulo, levar os cadáveres en ombros de oito irmáns ao cemiterio e facer que á hora da execucción se digan dúas misas rezadas na catedral e outras dúas na ermida dos Remedios pola súa alma.

____

—27 de febreiro

 1937.-Festa homenaxe á Alemaña nazi en Mondoñedo. Proxectáronse os filmes “O triunfo da vontade”, un documental alemén sobre o Congreso do Partido Nacional Socialista de 1934, e “O inimigo público número 1”, película que amosa o nefasto labor do comunismo en todo o mundo.


MARZO


____

—1 de marzo—

1105.-Nace en Caldas de Reis o rei Afonso VII. Coroado en 111 rei de Galicia en Compostola, herdou os reinos de León, Castela e Toledo que gobernou desde desde 1126 a 1157. Era fillo de Urraca I e de Raimundo de Borgoña. Morreu en Santa Elena (Jaén) o 21 de agosto de 1157. O seu corpo foi enterrado na catedral de Toledo.  O 9 de novembro de 1156 concede a Vilamaior (actual Mondoñedo) o título de cidade, unha feira nas calendas de cada mes e outra anual de 8 días por Santa María de Agosto (orixe das San Lucas)

1910.-Mitin contra as escolas laicas en Mondoñedo.

1942.-Morre en Mondoñedo José Ruíz Tejero.

1942.-Morre o músico José Antonio Ramos Gasalla, “O Refaixeiro”.

1981.-Funeral por Álvaro Cunqueiro en Mondoñedo. O seu corpo recibiu sepultura nun nicho que se conserva no Cemiterio Vello (antigo Cemiterio Municipal de Mondoñedo) onde se pode ler o seguinte epitafio «Eiqui xaz alguén, que coa súa obra, fixo que Galicia durase mil primaveras máis»

2012.-Cerra definitivamente a fábrica de aglomerados E.C.A.R. Abrira en 1966. Chegou a ter 85 operarios. En 2005 pasou a mans de Financiera Maderera S. A. (FIMSA).

_____

—14 de marzo

1860.-Tal día como hoxe (14 de marzo de 1860) nacía en Lindín (Mondoñedo), Francisco Otero González. Pasou á historia por intentar matar no Campo de los Guardias de Chamaberí, en Madrid, ao rei Afonso XII e a súa esposa o 30 de decembro de 1879. Foi axustizado a garrote vil o 14 de abril de 1880. Tiña 20 anos. Escribiuse de todo pero aínda non está claro cales foron as verdadeiras razóns polas que este mozo atentou, sen éxito, contra o rei.

_____

—16 de marzo

1834.-Resolución da Raíña Gobernadora en contestación ao escrito que lle dirixira o coronel de Rexemento Provincial de Mondoñedo solicitando castigos severos para os mozos que se automutilan (arrancándose os dentes, cortándose os dedos das mans), para evitar o servizo das armas. Na contestación di que ninguén quede libre de prestar o servizo de armas aínda que lle falten dentes, dedos ou incluso ollos; e de probarse que se mutilaron maliciosamente, se duplique o tempo de prestación, e se fose enteiramente inútil se lle impoñan 8 anos de presidio.

_____

—22 de marzo

1910.-Nace en Mondoñedo Victoriano López García, no nº 16 da rúa Leiras Pulpeiro. Enxeñeiro industrial, catedrático e gran afeccionado ao cine. Crea en 1947 o Instituto de Investigaciones y Experiencias Cinemetagróficas, sendo o seu primeiro director. E, entre outras moitas ocupacións e cargos relacionados co cine, foi produtor e fundou e dirixiu a revista “Cine experimental”. Foi recoñecido pola Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas co Premio Goya de Honor en 1990. Morre en Madrid o 31 de agosto de 1995.

_____

—25 de marzo—

2017.-Homenaxe a Xosé Vizoso (Mondoñedo, 26 de marzo de 1950). Nesta mesma data foi nomeado polo concello Fillo Predilecto de Mondoñedo e presentouse o libro, editado pola Deputación de Lugo, “Homenaxe a Xosé Vizoso. Fillo Predilecto de Mondoñedo. (+ info)

_____

—26 de marzo—

1950.- Nace en Mondoñedo o artista Xosé Vizoso. Nomeado Fillo Predilecto de Mondoñedo o 25 de marzo de 2017. (+info) (+ info)

 _____

—27 de marzo—

1867.- Morre en Mondoñedo o crego, mestre de capela e poeta Pascual Gregorio Saavedra Iglesias. Nacera na mesma cidade o 5 de xullo de 1829.

1947.-Morre en Viveiro, Antonio Noriega Varela. Nacera en Mondoñedo o 19 de outubro de 1869.

 _____

—28 de marzo—

1960.- En sesión ordinaria, o Concello de Mondoñedo acorda nomear por unanimidade cronista oficial a Álvaro Cunqueiro Mora. (+ info)

 


ABRIL


_____

2 de abril

1839.-Nace en Mondoñedo (en realidade foi atopado nesta data diante da porta do Hospital de San Pablo) Francisco de Paula e Buón. Logo sóubose que era fillo do organista da catedral de Mondoñedo, Tomás Buón, e de Manuela Coia. Destacou como poeta, mesmo, segundo E. Lence-Santar, mantiña conversacións en verso, e tamén foi músico, ademais de crego. Morrería afogado o 14 de agosto de 1872 cando se bañaba na ría de Foz. Foi soterrado no cemiterio desta localidade. (+ info)

_____

4 de abril

1914.-Morre en Compostela o chantre (ostentaba o cargo desde o 23 de outubro de 1907)  José María Portal González, nacido en Mondoñedo e formado no Seminario Conciliar. Importante personaxe que formou parte da Xunta de Defensa Compostelana, e participou, como representante da familia no traslado dos restos de Rosalía de Castro desde o cemiterio da Adina ao Panteón de Bonaval, asinando a acta de inhumación correspondente. Contaba 70 anos (nacera en xullo de 1843). Tamén foi presidente da comisión cívica que organizaou o monumento a Brañas en Bonaval e membro correspondente da RAG.

_____

—8 de abril—

 1861.-Nace en Mondoñedo Edesio Mancebo, músico e impresor, fillo de Hermenegildo Mancedo. Morrería an Mondoñedo o 21 de abril de 1930.

 1892.-Vista para sentenza a causa polo coñecido como crime de Sasdónigas; o veredicto dicta pena da morte para os dous encausados, Manuela Vidal e Manuel Rivas.

 1984.-Presencia y ausencia de Álvaro Cunqueiro”, é o título do discurso de Elena Quiroga con motivo da súa recepción como académica da Real Academia Española.

 _____

—9 de abril—

 1842.-Nace en Mondoñedo, na rúa dos Templarios (hoxe rúa Pascual Veiga) o recoñecido músico Pascual Manuel Francisco Veiga. Morre en Madrid, o 12 de xullo de 1906. Os seus restos serán soterrados en Mondoñedo o 18 de setembro de 1912.

1881.-A estación telegráfica de Mondoñedo, que prestaba un ‘servizo limitado’, comeza a prestalo “de día completo”; desde as 7 da mañá no verán, e desde as 8 en inverno, ata as 9 da noite todo o ano.

_____

—10 de abril—

1938.-Celébrase consello de guerra na Coruña contra os republicanos de Mondoñedo  José Sánchez GacioGuillermo Otero Villalba “Alvariño”, Francisco García Martínez, José Ramón Villamarín PallínAlfredo Martínez MartínezPatricio Vijande Villar, Graciano Leivas Freire, Constantino Sánchez Gacio “Tatino”, Emilio González Valoría, Eloy Castro Borrego,   Germán Fanego Salaverri “O Purrelo”. Todos eles foran detidos en agosto de 1936.  A acusación: auxilio á rebelión militar. A sentenza ten data de 24 de xuño de 1938.

_____

—13 de abril—

1981.-O concello de Mondoñedo nomea cronista oficial a Xosé Díaz Jácome. En pleno celebrado o 13 de Abril de 1981, a proposta do concelleiro Armando González Álvarez, o concello de Mondoñedo”…. considerando que el Sr. Díaz Jácome es un hijo ejemplar y predilecto de Mondoñedo, por el amor que le profesa, los trabajos  que ha dedicado a él y dedica y la exaltación constante de su historia y bellezas, siendo además miembro correspondiente de la Real Academia Gallega; la Corporación municipal, por unanimidad acordó nombrar al mismo Cronista Oficial de Mondoñedo, como digno sucesor de Don Alvaro Cunqueiro Mora (QEPD).”

_____

14 de abril

1809.-Onde chaman Pimpín, entre a rúa Viñas da Veiga e o río Valiñadares foron fusilados polas tropas francesas o crego José Ferreiros, párroco de Mourence (Vilalba) e o fregués da mesma parroquia, Manuel Antonio Díaz. Foran acusados de delito de asasinato contra soldados franceses.

1848.-Nace en Mondoñedo Eustorgia Acebo Parga, alcumada “A Francesiña” pola maneira de vestir. Segundo diversas fontes, parece que tivo amores co músico Pascual Veiga, relacións que foron  desautorizados polo tío  e titor da moza (quedara orfa de pai e nai con menos de 7 anos), o crego Alejo Acebo Rivas. O tío choeuna no convento de Valdeflores de Viveiro e Pascual Veiga marchou de Mondoñedo en 1864 para non regresar ata despois de morto. Eustorgia casou co médico Víctor Salvatierra Freire, do que, sen ter descendencia, se acabou separando. Morreu en Mondoñedo o 9 de febreiro de 1927 e está sepultada no mausoleo familiar no Cemiterio Vello, a escasos metros do monumento funerario en memoria de Pascual Veiga.

1880.-É axustizado a garrote vil no Campo de Guardias de Chamberí, en Madrid, o mindoniense Francisco Otero González. Fora condenado polo frustado intento de rexicidio do rei Alfonso XII e da súa esposa, María Cristina de Augsburgo-Lorena, o 30 de decembro de 1879. Era natural de Lindín.

_____

19 de abril

1910.-Nace en Mondoñedo, no Barrrio dos Muíños, Xosé Díaz Jácome. Poeta e xornalista, cronista oficial de Mondoñedo desde o 13 de abril de 1981 (sucedeu a A. Cunqueiro) ata o seu pasamento na Coruña o 6 de setembro de 1998. A súa cidade natal deicoulle un monumento en 1999, está situado a carón da Fonte dos Pelamios, no mesmo Barrio dos Muíños onde nacera. O autor do conxunto escultórico é o artista mindoniense Quique Guerra.

 _____

21 de abril

1930.-Morre en Mondoñedo Edesio Mancebo, músico e impresor, fillo de Hermenegildo Mancedo. Nacera en Mondoñedo o 8 de abril de 1861.

1963.-Celébrase no Real Seminario Santa Catalina de Mondoñedo o acto de entrada na Real Academia Galega de Álvaro Cunqueiro. Ocupaba a vacante deixada por Ramón Cabanillas. O discurso de contestación estivo a cargo de Francisco Fernández del Riego.


MAIO


1 de maio

1541.-Comezan As Quendas, feiras e festas que se celebran en Mondoñedo desde este ano.

1848.-Nace en Mondoñedo Felipe Lence Pérez. Morre o 22 de xaneiro de 1913 en Santa Cruz do Couzadoiro, Ortigueira (A Coruña), onde era párroco. Ademais de crego ilustrado, foi poeta e prosista notable.

2014.-Primeiro recital poético “Mondoñedo é poesía”

_____

2 de maio

1932.-Morre en Melo, Uruguai, con 83 anos, José Ramón García. Nacera en Mondoñedo o 13 de xullo de 1849. Foi vicecónsul de España en Uruguai máis de 60 anos.

_____

16 de maio

1864.-Inauguración da primeira estrada (vía destinada á circulación de vehículos automóbiles)  que pasa por Mondoñedo, e que debía unir Vilalba e Luarca. Presencian o acto numeroso veciños que desexaban ver os primeiros coches. Asisten o enxeñeiro provincial, deputados provinciais, o construtor e representantes do goberno que foron recibidos con música. O concello celebrou un “fausto suceso” con unha alegórica iluminación da fachada das Casas Consistoriais, fogos de artificio e unha sereneta a cargo da Academia de Música local.

_____

17 de maio

1969.-A Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas ao mindoniense Antonio Noriega Varela.
1983.-A Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas ao mindoniense Manuel Leiras Pulpeiro.
1986.-A Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas ao abadinense Aquilino Iglesia Alvariño, formado no Real Seminario Santa Catalina de Mondoñedo.
1991.-A Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas ao mindoniense Álvaro Cunqueiro.
2014.-A Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas ao guitiricense Xosé Mª Díaz Castro, formado no Real Seminario Santa Catalina de Mondoñedo.


XUÑO


5 de xuño

1910.-Mindonienses emigrados na Arxentina homenaxean a Noriega Varela

Os mindonienses de Bos Aires fan público xa en xaneiro de 1910, a través do xornal “Nova Galicia”, que pretenden render un “tributo de cariño y admiración al inspirado poeta de las montañas de Galicia D. Antonio Noriega Varela”; unha mensaxe de felicitación e alento acompañada dunha “artística medalla” de ouro.

O encargado de recoller as doazóns é o galego Valentín González, dono da “Cigarrería Centenario”, sita no Boulevard Entre Ríos, 910. En abril xa estaban camiño de Mondoñedo a medalla de ouro e un texto cunha mensaxe laudatoria.

Por fin, o domingo 5 de xuño daquel 1910, nunha velada músico-literaria que tivo lugar no Salón Teatro do Casino de Mondoñedo organizada polo Orfeón Pacheco realizouse a solemne entrega dos agasallos, tras a interpretación de varios “juguetes cómicos” moi aplaudidos polos asistentes.

Foi na segunda parte da velada, e tras a interpretación do himno oficial arxentino e da Marcha Real, cando José María Lafuente Bolaño deu lectura ao texto da mensaxe e lle fixo entrega ao poeta da medalla costeada polos mindonienses da Arxentina.

Antonio Noriega leu un poema de seu en agradecementno, e a petición dos asistentes, o poema titulado “San Xoán de Romariz”, e que comeza:

E si queda algún gallego

que non lle perdese o apego

á terra, será feliz

si sube conmigo a Infesta

_____

—6 de xuño—

1895.Creación das parroquias de Os Remedios, con sede na ermida dos Remedios, e O Carme, con sede na parroquial do memso nome.

_____

—8 de xuño—

1847.-Nace Clara Corral Aller (Ourense, 8 de xuño de 1847, – A Coruña, 9 de febreiro de 1908) escritora de raíces mindonienses pois era filla de Dimas Corral Rebellón (Mondoñedo, 1820 – Lugo, 1868), médico, xornalista, filósofo e poeta, e neta de Luis Corral Rodríguez (Mondoñedo, 1784 -1830) boticario e poeta destacado do grupo denominado Cantores do Nadal. Clara Corral tivo dúas irmáns, Rita e Consuelo, tamén escritoras.

_____

—11 de xuño—

1951.-Eduardo Lence-Santar y Guitián recibe no Salón de Plenos do Concello, de mans do alcalde de Mondoñedo, as insignias da “Encomienda de la Orden de Alfonso X el Sabio”, que lle fora concedida polo Ministro de Educación Nacional en 1949.

_____
12 de xuño—

1866.-Nace en Mondoñedo Valentín García Fraga. Emigra novo a Uruguai, apenas 15 anos, instalándose en Melo, Cerro Largo, en 1881. Foi comerciante, orador e xornalista. Casou con Josefa Saiz de García e é pai do escritor uruguaio Valentín García Saiz. Morre en 1914.

1918.-Morre en Lugo, Emilio Tapia Rivas. Nacera en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862. Avogado, político, profesor, xornalista, escritor, membro fundador da Real Academia Galega. Foi presidente da Deputación de Lugo desde 1915 a 1917.

_____
13 de xuño—

2015.-Elena Candia, candidada polo Partido Popular, gañador das eleccións locais celebradas o 23 de maio con maioría absoluta, toma posesión como alcaldesa de Mondoñedo.

_____

—20 de xuño —

1679.-O Licenciado Bartolomé Mel das Goás, crego, e o seu irmán, Pedro, tamén crego, ambos naturais de Estelo fundan unha capela neste barrio e institúen unha misa de aniversario a celebrar o día de San Bartolomeu. O 17 de xuño de 1966 o bispo do diocese, Jacintyto Argaya, inaugura unha nova capela que substitúe a anterior, da que só aproveita a espadana, a campá e as dúas columnas da entrada.

1916.-Morre o notario e arquiveiro xeral de protocolos Basilio Verdía Tovía (ou Tobía) a causa do tifo. Deixa viúva a Sofía Torrado Atocha e orfos catro fillos. A epidemia foi grande. A causa, as augas contaminadas da Fonte Vella. (+ info)

_____

—24 de xuño—

2015.-A alcaldesa mindoniense, Elena Candia, é elixida presidenta da Deputación de Lugo; a primeira muller que ocupa este cargo en toda a historia da institución. Deputada polo partido xudicial de Mondoñedo en representación do Partido Popular (PP) exercería o cargo ata o 8 de outubro de 2015, data na que se vota unha moción de censura presentada polos deputados e deputadas do Partido Socialista Galego-PSOE e do Bloque Nacionalista Galego (BNG), sendo elixido novo presidente, Darío Campos, alcalde do concello da Pontenova.

_____
—27 de xuño—

1905.-Morre en Mondoñedo o bispo Manuel Fernández de Castro y Ménendez Hevia, coñecido con don Manueliño e O Santo. Nacera en Oviedo o 10 de xaneiro de 1834. Foi bispo de Mondoñedo desde 1889 ata a súa morte en 1905. Poeta e tradutor ao asturiano, un dos referentes da Llingua. Está soterrado na capela do cemiterio parroquial do Carme.

_____

—28 de xuño—

1813.-Arrestan ao bispo de Mondoñedo, Andrés Aguiar Caamaño, por negarse a acatar a orde de abolición da Inquisición.
1868.-Morre en Lugo o médico, xornalista e filósofo mindoniense Dimas Corral Rebellón. Era fillo de Luis Corral Rodríguez (destacado membro da chamada Escola de Cantores Mindonienses do Nadal), e pai de Clara, Rita e Consuelo Corral Aller, as tres escritoras. Nacera en Mondoñedo o 3 de febreiro de 1820.

_____
30 de xuño—

1895.-Morre en Mondoñedo Jacinto Romualdo López e López Bolaño. Trasladouse moi novo a Mondoñedo, onde residiu ata a súa morte, para estudar no Seminario. Foi mestre, xornalista e político, sendo alcalde de Mondoñedo entre 1843 e 1844. Poeta en latín, castelán e galego, é autor de varios vilancicos polo que é considerado membro da chamada Escola de Cantores Mindonienses do Nadal. Nacera en Ribadeo o 7 de febreiro de 1808.

1968.-Primeira edición da Rapa das Bestas nos Montes de Campo do Oso, e desde entón, ininterrumpidamente, vense celebrando ano a ano o cuarto domingo do mes de xuño.


XULLO


2 de xullo de 2015
Preséntase en Mondoñedo, no Centro Comarcal, o libro “Mondoñedo literario” de Armando Requeixo. No acto, ademais do autor, interviron o profesor e escritor Cladio Rodríguez Fer e o tenente de alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero Legide.
_____
5 de xullo de 2005
Morre en Mondoñedo Jaime Cabot Bujosa, coengo e organista da catedral de Mondoñedo. Nacido en Mallorca o 24 de xullo de 1913, residía en Mondoñedo desde 1940. Tiña sona de santo.

5 de xullo de 2015
A UNESCO fai pública a inclusión na Listaxe do Patrimonio Mundial do Camiño da Costa e do Camiño Primitivo, así como dalgúns edificios singulares asociados como a catedral de Mondoñedo.
______

6 de xullo de 1915

Desde este día, martes, e alternativamente os días pares, comeza un novo servizo de automóbiles entre Ribadeo e Baamonde, por Mondoñedo, co que son tres as compañías que naquel momento compiten polo transporte entre Mondoñedo e Baamonde.

 _____

9 de xullo de 1894

Morre en Vilalba o crego e poeta en galego, castelán e latín José Mª Chao. Formárase no Seminario Conciliar de Mondoñedo.

Lence-Santar y Guitián, «La poesía en Mondoñedo», en El Ideal Gallego, 7 de xuño de 1921.

 _____

10 de xullo de 1955

Nace Xosé Artiaga Barreira. Mondoñedo (Lugo), 1955. Artista plástico y catedrático de Artes Plásticas.

_____ 

12 de xullo de 1906

Pascual Veiga morre en Madrid. Nacera en Mondoñedo, na rúa dos Templarios (hoxe rúa Pascual Veiga), o 9 de abril de 1842. Os seus restos non serán enterrados en Mondoñedo ata o 18 de setembro de 1912.

_____

12 de xullo de 1924

Grave accidente nunha curva da estrada xeral en Sasdónigas. O ómnibus que facía a ruta A Coruña-Ribadeo, matricula de Lugo e marca Dion Boutón (motor con patente francesa, probablemente fabricado en Chavín, Viveiro, na fábrica fundada por Jose Manuel Barro González, de Viloalle), sofre un grave accidente cando baixaba desde A Xesta en dirección a Mondoñedo. Nunha das curvas, a do quilómetro 26, atópase de fronte cun coche marca Ford e matricula de Oviedo, e ao cruzárense ambos vehículos colisionan, probablemente o tapacubos do eixo traseiro do coche que sobe impacta no eixo dianteiro do omnibús, e os chaufeurs non poden controlalos.
Mentres que o Ford se foi á cuneta sen consecuencias para os ocupantes, o omnibús caeu pola carricova uns 25 metros, dando tres voltas de campá. Resultou morto José González Reinante, propietario dunha fonda na Pontenova, houbo tres feridos moi graves e varios máis de menor consideración. O ómnibus era propiedade da empresa dos irmáns Freire de Vilanova de Lourenzá; O Ford, cuxos tres ocupantes prestaron os primeiros auxilios, era do xoiero ovetense Pedro Álvarez.

_____
13 de xullo de 1927
Mércores. Grave accidente no Pozo Mouro. Sobre as nove da mañá, ao coche correo que se dirixía a Lugo desde Ribadeo agarratóuselle a dirección na curva do Pozo Mouro e, como consecuencia, ao non poder contrololalo o chauffer, caeu polo terraplén e deu unha volta de campá. Tres viaxeiros resultaron con feridas graves, entre eles unha muller, e outros varios menos graves ata un total de dezasete. Foron atendidos en Mondoñedo polo médico Manuel Soto. O auto quedou moi danado.

_____

14 de xullo de 1964

Morre en Mondoñedo Manuel Ledo Bermúdez “ O Pallarego”

_____ 

15 de xullo de 1901

A festa do San Cristovo regresa á ermida do mesmo nome no barrio de San Cristovo, logo de que o veciño Rosendo Crespo Bouso lle comprase a capela ao estado. O culto fora prohibido por disposición de Segundo A. Palacios, gobernador eclesiástico, irmán do bispo Palacios, en circular do 16 de xullo de 1889, pasando o culto desde este ano ata 1901 á capela do Santo Cristo, ou de San Brais (hoxe arruinada), que rexentaban os PP. Pasionistas nas proximidades do Convento de Vilaoriente ou dos Picos.

_____ 

16 de xullo de 1876

Nace en Mondoñedo Eduardo Lence-Santar y Guitián. Historiador, escritor, etnógrafo, arquiveiro e primeiro cronista oficial de Mondoñedo (1917-1960). Morre o 14 de xaneiro de 1960.

 _____

16 de xullo de 2001

Coincidindo co 125 anos do nacemento de Eduardo Lence-Santar, foi nomeado cronista oficial da cidade de Mondoñedo Francisco Mayán. (+ info)

 _____

17 de xullo de 1915

Sábado. Ofrece tres función en Mondoñedo a compañía cómico-dramática dirixida polos primeiros actores Manuel Balmaña, morto en Madrid en 1920, Manuel Soto e a primeira actriz, Mercedes Sampedro. Esta actriz, morta en 1928, era tía-avoa da actriz Pilar Bardem e, ademais de madriña, do director de cine Juan Antonio Bardem.

 _____

18 de xullo de 1946

Morre en Mondoñedo o crego e poeta Daniel Pernas Prieto.

_____

20 de xullo de 1892

Morre en Mondoñedo o impresor Joaquín Candia Teijeiro. Contaba 72 años.

_____

21 de xullo de 1813

Dáse lectura nas Cortes dunha “exposición del ayuntamiento constitucional de la ciudad de Mondoñedo, en que después de felicitar al congreso con las más espresivas demostraciones por la extinción del feudalismo, del voto de Santiago y del tribunal de la Inquisición, y por los demás decretos beneficos que ha sancionado”.

_____

22 de xullo de 2004

Morre en Córdoba José Ramón García Fernández, porteiro de fútbol. Nacera en Mondoñedo o 15 de febreiro de 1938.

_____ 

22 de xullo de 2007

Morre en Ourense Miguel Anxo Araúxo Iglesias, bispo da diocese Mondoñedo-Ferrol desde 1970 a 1985. Fora ordenado bispo na catedral de Ourense o 6 de setembro de 1970, primeira vez na historia que se realiza unha cerimonio deste tipo en lingua galega.

_____

23 de xullo de 1973

Morre Augusto Ínsua, músico.

 

_____

23 de xullo de 1990

Morre no Vilar o gaiteiro José Manuel Torres Rey.  Nacera en Supena, Argomoso, o 17 de xuño de 1929. Cando casa pasa a residir no lugar do Vilar, de aí o alcume “Torres do Vilar”.

 _____

24 de xullo de 1887

Nace no barrio de San Lázaro o que foi destacado chauffer e aviador na Arxentina o mindoniense José María Robles Rodríguez. Morre na Arxentina o 30 de setembro de 1953.

 _____

24 de xullo de 1906

En Montedarca prodúcese un enorme incendio provocado, ao parecer, por un terrón dunha roza que prendeu lume nunha toxeira. Os veciños de Valiñadares, Couto, Lindín, Argomoso e Montedarca traballaron arreo pero non puideron sufocalo ata as 4 da tarde do día 25.

 _____

24 de xullo de 1913

Nace en Mallorca Jaime Cabot Bujosa, coengo e organista da catedral de Mondoñedo. Residiu en Mondoñedo desde 1940 onde morre o 5 de xullo de 2005.

 _____

25 de xullo de 1830

Publícase no “Diario Balear” unha nota solicitando interesados para o posto de practicante menor, que “curase cáusticos, sacase muelas, hiciese sangrias, aplicase sanguijuelas…”.


AGOSTO


14 de agosto de 1872
Morre afogado cando se bañaba na ría de Foz o crego, poeta e músico Francisco de Paula e Buón. Foi soterrado nesta localidade. (+ info)

_____
21 de agosto de 1933
Morre en Bos Aires o 21 de agosto de 1933 Francisco García Olano. Foi síndico do Banco de Galicia presidente do Centro Galego de Bos Aires desde o 29 de setembro de 1923 ata o 14 de outubro de 1926. Na súa “etapa luminosa” como presidente creouse a Farmacia Social e incrementouse o número de socios en máis de seis mil; de 9.818 pasaron a 16.076. Nacera en Mondoñedo, na rúa da Ponte, o 12 de setembro de 1870.

Bibliog.:
X. Ruíz Leivas, «Mindonienses ilustres», en Mondoñedo, nº 104, páx. 6, agosto de 2011.

_____
31 de agosto

1995.-Morre en Madrid Victoriano López García. Enxeñeiro industrial, catedrático e gran afeccionado ao cine. Crea en 1947 o Instituto de Investigaciones y Experiencias Cinemetagróficas, sendo o seu primeiro director. E, entre outras moitas ocupacións e cargos relacionados co cine, foi produtor e fundou e dirixiu a revista “Cine experimental”. Foi recoñecido pola Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas co Premio Goya de Honor en 1990. Naceu en Mondoñedo, no nº 16 da rúa Leiras Pulpeiro, o 22 de marzo de 1910.


SETEMBRO


5 de setembro de 2010
Morre en Lugo, Francisco Mayán Fernández. Cronista Oficial de Mondoñedo desde 2001 ata 2010. Foi soterrado en Cee, a súa vila natal, onde nacera o 30 de setembro de 1916. Profesor e director do Instituto “San Rosendo” desde a inauguración en 1954 ata a súa xubilación. Na década dos 60 foi alcalde de Mondoñedo e é autor de numerosa e valiosa obra sobre a historia local.

Bibliog.:
-X. Isidro Fernández Villalba, «Os cronistas da cidade de Mondoñedo», Terra e Tempo, 6.09.2011.

_____
12 de setembro de 1954
Celébrase nesta data, coincidindo co domingo de cebración da festividade, a solemne ceremonia de Coroación da Virxe dos Remedios. Publícase o primeiro número de “Pregón Mindoniense” cuxo primeiro número se dedica integramente a esta ceremonia con artigos asinados, entre outros, por A. Cunqueiro, E. Lence-Santar, Alejo Barja, Francisco Mayán, A. Noriega, Xosé Díaz Jácome, Xosé Trapero Pardo e José María Santeiro. O xornal desapareceu en 1957.

Bibliog.:
-Galiciana. Biblioteca de Galicia, «Pregón Mindoniense”

_____
18 de setembro de 1970
Regresan a Mondoñedo, desde o cemiterio da Almudena de Madrid, os restos mortais de Pascual Veiga. (+ info)

_____
26 de setembro de 1826
Pedro Ribero, capataz e monteiro maior da provincia de Mondoñedo, comunica nesta data á Real Audiencia de Galicia que matara 14 lobos grandes e que collera tres camadas, unha de 12 lobeznos, outra de 11 e a terceira de 9, entre as que había 12 femias.
_____
27 de setembro de 1910

Morre en Madrid José Villaamil y Castro (Madrid, 1838- Madrid, 1910), eminente home de ciencia criado en Mondoñedo, que estivo moi vencellado a varios proxectos museolóxicos como ideólogo e promotor, e como doante. Elaborou a memoria fundacional do Museo Arqueolóxico de Galicia que se quería crear en Compostela na década dos 80 do s. XIX (era a continuación do primeiro museo galego inaugurado en 1877 pola Sociedade Económica de Amigos do País), foi director interino do Museo Arqueológico Nacional de Madrid, cronista da provincia de Lugo, arquiveiro, bibliotecario, investigador e divulgador incansable da arqueoloxía mindoniense e, en xeral, da galega. A el están dedicadas con todo merecemento as xornadas mindonienses de arqueoloxía que con acerto e perseveranza vén organizando o arqueólogo Abel Vigo desde o ano 2001. (+ info)

29 de setembro de 1910

Morre o artista mindoniense Quique Guerra. Autor do monumento que en 1999 se inauguraou a carón da Fonte dos Pelamios  na memoria de Xosé Díaz Jácome.

_____

30 de setembro de 1953

Morre na Arxentina o que foi destacado chauffer e aviador o mindoniense José María Robles Rodríguez. Nacera no barrio de San Lázaro de Mondoñedo o 24 de xullo de 1887.

 _____

30 de setembro de 1916

Nace en Cee, Francisco Mayán Fernández, profesor, alcalde e cronista oficial de Mondoñedo. (+ info)


OUTUBRO


—2 de outubro—

1923.-Joaquín Cunqueiro Montenegro, pai de Álvaro Cunqueiro,  ocupou o cargo de alcalde do concello de Mondoñedo dende o 2 de outubro de 1923 ata o 16 de xaneiro de 1924.

1884.-Morre o músico Enrique Fernández de Parga García, “O Parguita” (Mondoñedo, 1854 – 2.10.1884).

 _____

—3 de outubro—

1483.-Execucción por degolación do mariscal Pedro Pardo de Cela na praza da catedral de Mondoñedo.

 _____

—6 de outubro—

1771.-Nace en Mondoñedo Antonio María de Castro y Neira. Foi profesor no Seminario e párroco de Argomoso e Lindín, ademais de poeta en galego, castelán e latín. Morreu o 10 de outubro de 1826. Foi párroco de Argomoso desde 1810 a 1826.

_____

—7 de outubro—

de 1784.-Nace en Mondoñedo Luis Corral Rodríguez, licenciado en farmacia, irmán de José Mª Corral Rodríguez (crego e poeta), pai de Dimas Corral Rebellón (médico e poeta), avó das escritoras Clara, Rita e Consuelo Corral Aller. Como autor poético é destacado membro da chamada Escola de Cantores Mindonienses do Nadal. Morreu en Mondoñedo o 18 de outubro de 1830.

_____

—9 de outubro—

1.156.-O rei Afonso VII concede a Vilamaior o título de cidade, feira mensual nas calendas e unha feira anual de 8 días por Santa María de Agosto (orixe das Feiras e Festas das San Lucas). O rei Afonso VII naceu en Caldas de Reis o 1 de marzo de 1.105 e morreu en Santa Elena (Jaén) o 21 de agosto de 1.157. O seu corpo foi enterrado na catedral de Toledo.  Coroado en 1.111 en Compostola rei de Galicia, herdou os reinos de León, Castela e Toledo que gobernou desde 1.126 a 1.157. Era fillo de Urraca I e de Raimundo de Borgoña.

_____

—10 de outubro—

1826.-Morre en Mondoñedo Antonio María de Castro y Neira. Foi párroco de Argomoso e Lindín desde desde o 22 de marzo de 1810 ata a súa morte. Foi soterrado no cemiterio anexo  á Catedral. Fora profesor no Seminario, ademais de poeta en galego, castelán e latín, destacando especialmente como autor de vilancicos polo que se considera iniciador e membro destacado da Escola Poética de Cantores do Nadal en Mondoñedo. Lence atribuélle a utoría da “Novena a la Virgen de los Remedios”.  Aos 18 anos, segundo a ficha de matrícula do Seminario, tiña o pelo castaño, os ollos azuis e un pequeno lunar debaixo da meixela do lado esquerdo. Nacera en Mondoñedo o 6 de outubro de 1771.

_____

—12 de outubro—

1872.-Detención da partida carlista en Cabana de Vella.

1930.-Na tarde deste día, domingo, casan en Mondoñedo, na finca da familia Cayón en San Lázaro, o médico e poeta Luis Benigno Vázquez Fernández-Pimentel, “Luis Pimentel”, e Pilar Fernández Cayón. Coñecéranse en Composela en 1916. Tiveron unha filla chamada Rula. Luis Pimentel nacera en Lugo o 18 de decembro 1895 e morre na mesma cidade o 13 de febreiro de 1958.

1899.-Publícase por primeira vez na revista “Madrid Cómico” a historia de Toribio Novoa baixo o epígrafe “Reprensión privada”, un relato da autoría de Nicolás de Leyva. Un personaxe creado por este xornalista, que acabaría formando parte do libro “Cuentos en papel de oficio” e sería reproducido numerosas veces nos xornais. (+ info)

_____

—15 de outubro—

1963.-Nace en Barcelona o escritor Francisco Casavella, seudónimo de Francisco García Hortelano. O seu pai era da Campá, Couboeira (Mondoñedo). Morreu en Barcelona o 17 de decembro de 2008

 _____

—16 de outubro—

2016.-Fallada a primeira edición do Premio Mondoñedo10, modalidade Narrativa. O libro premiado foi “Os Libros arden mal”, de Manuel Rivas. O xurado reuniuse pola mañá e o acto de entrega tivo lugar a partir das 17:00 h. no Salón de Plenos da casa do Concello de Mondoñedo. Como finalistas do premio, fallado e entregado o pasado domingo en Mondoñedo, chegaron tamén as novelas Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño; Cabalo de ouros, do tamén académico Víctor Freixanes; Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz; O Club da calceta, de María Reimóndez; e Laura no deserto, de Antón Riveiro Coello.

______

—18 de outubro—

1830.-Morre en Mondoñedo Luis Corral Rodríguez, licenciado en farmacia, irmán de José Mª Corral Rodríguez (crego e poeta), pai de Dimas Corral Rebellón (médico e poeta), avó das escritoras Clara, Rita e Consuelo Corral Aller. Como autor poético é destacado membro da chamada Escola de Cantores Mindonienses do Nadal.  Nacera en Mondoñedo o 7 de outubro de 1874.

1852.-Nace Manuel Prieto  Rego, o gaiteiro “Coruxeiras”. Morre o 10 de febrero de 1927

1869.-Nace en Mondoñedo, no Campo dos Remedios, o mestre e poeta Antonio Noriega Varela.

_____

—20 de outubro—

1930.-Homenaxe  en Mondoñedo a Pascual Veiga, M. Leiras e A. Noriega Varela.

_____

—23 de outubro—

1917.-Gran colofón ás San Lucas de 1917, pois, promovido pola “Irmandade da Fala” da Coruña e o coro “Cántigas da Terra”, celébrase un Mondoñedo unha emotiva homenaxe a Pascual Veiga. e constitúese a sección local das Irmandades da Fala (+ info)

_____

1997.-Morre en Valencia Álvaro Pérez Vázquez, futbolista e entrenador profesional. Como xogador do Valencia C. de F. durante once temporadas gañou 2 ligas e 2 copas do campionato español. Nacera en Mondoñedo o 30 de abril de 1916.

_____
25 de outubro—

1.854.-Nace na rúa da Ronda (hoxe rúa Febrero) Manuel Leiras Pulpeiro. Un home cun profundo e honesto compromiso cos desfavorecidos do seu tempo, un combatente contra a barbarie fundamentalista tanto civil como relixiosa, un inimigo radical da soberbia dos poderosos. Poeta, médico, lexicógrafo, etnógrafo, político progresista e republicano, patriota, masón, filántropo, humanista, foi coñecido como o “médico dos pobres” porque sempre antepuxo as necesidades das persoas por enriba de calquera interese material. Unha persoa, e definitiva, boa, consecuente e coherente cos seus ideais e principios ata o final dos seus días. Morreu en Mondoñedo o 9 de novembro de 1912.

_____

—30 de outubro—

1.921.-Inauguración do mausoleo de Manuel Leiras Pulpeiro no Cemiterio Vello de Mondoñedo e homenaxe no Teatro do Casino. (+ info)


NOVEMBRO


1 de novembro de 1918

Públicase o primeiro número de “Acción Social”, órgano do Centro de Acción Social Católica de Mondoñedo. O seu primeiro director foi Antonio Maseda Bouso e tivo como redactor-xefe a Xosé Trapero Pardo. Desapareceu en 1930 cando se fusionou con “Galicia Agraria”, dando lugar á cabeceira “Galicia Social Agraria.

_____
6 de novembro de 1425

“De noite a primeira durmidura …”, segundo se expresa no calendario antigo, un gran incendio destrúe practicamente a cidade de Mondoñedo. Nun documento do Libro Pechado de 16 de novembro deste ano dise que se queimou a maior parte da cidade “enna queyma e fogo arderán moytas casas e plaças que fasian foro aa dicta iglesia e cabildo”. Un desastre. Perdéronse casas e rendas, e custou moita fame, tempo e esforzo recuperarse do desastre.

_____
7 de novembro de 2015
Homenaxe en Mondoñedo a don Enrique Cal Pardo. Acto de recoñecemento, na véspera do seu 93 aniversario, no que se presentou a súa publicación “Mondoñedo –catedral, cidade, bispado- na segunda metade do século XV”, magnificamente editada polo servizo de publicacións da Deputación Provincial.

Bibliog.:
BREVE CRÓNICA DO ACTO «Homenaxe en Mondoñedo a don Enrique Cal Pardo

_____
9 de novembro de 1912

Morre en Mondoñedo Manuel Leiras Pulpeiro. Un home cun profundo e honesto compromiso cos desfavorecidos do seu tempo, un combatente contra a barbarie fundamentalista tanto civil como relixiosa, un inimigo radical da soberbia dos poderosos. Poeta, médico, lexicógrafo, etnógrafo, político progresista e republicano, masón, filántropo, humanista, foi coñecido como o “Médico dos pobres” porque sempre antepuxo atender as necesidades das persoas a calquera interese material. Unha persoa, e definitiva, boa, consecuente e coherente cos seus ideais e principios ata o final dos seus días. Nacera en Mondoñedo, na rúa da Ronda (hoxe rúa Febrero), o 25 de outubro de 1854.

Bibliog.:
– «Manuel Leiras Pulpeiro», Web da Real Academia Galega.
-MANUEL LEIRAS PULPEIRO (1854 – 1912). O POETA E O CIDADÁN AO CABO DUN SÉCULO (Coord. da edición: Xe Freyre e Abel Vigo García), Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo, 2014.

_____
18 de novembro de 1918

Mondoñedo tamén estivo presente aquela “noite do 18 de Samartiño do mil novecentos dazaoito” no Teatro Lugo-Salón de Lugo. Entre os asambleístas asinantes figura o entón cronista oficial de Mondoñedo (érao desde o 25 de abril de 1917) e membro correspondente da RAG, don Eduardo Lence Santar Guitián.
Aquel manifesto, froito da I Asamblea Nazolista celebrada en Lugo os días 17 e 18 de novembro, constitúe o verdaderio tránsito do rexionalismo ao nacionalismo, o inicio dun percorrido que está a piques de cumprir o primeiro século cando en 1916 conmemoremos o centenario da fundación dos promotores deste movemento: as Irmandades da Fala.

_____
23 de novembro de 1980

Morre en Mondoñedo o político e avogado José Sánchez Gacio. Fora presidente da Deputación de Lugo e gobernador civil na Coruña nos anos da II República. Sánchez Gacio foi detido en Mondoñedo en agosto de 1936 e trasladado a Lugo xunto a G. Otero Villaba, Patricio Vijande, Cándido Carreiras, Alfredo Martínez e J. Ramón Villamarín Pallín. Nesas datas foron detidos outros en Mondoñedo, entre eles o seu irmán “Tatino”. Nove deles, con Sánchez Gacio, foron xulgados en Consello de Guerra na Coruña o 10 de abril de 1937, acusados de auxilio á rebelión. J. Ramón Villamarín, alcalde ata xullo de 1936 e perito agrícola, G. Otero Villalba, avogado; A. Martínez Martínez, delegado do Socorro Rojo Internacional; P.Vijande Villar, comerciante e concelleiro; G. Leivas Freire, secretario da UGT; C. Sánchez Gacio, irmán de José, E. González Valoría, tenente de alcalde e menciñeiro, e G. Fanego Salaverri, médico e presidente de Izquierda Republicana.
José foi condenado a pena de morte, sentenza conmutada pola de cadea perpetua. Logo foi deportado a Zamora. É moi recomendable a lectura de ”Consejo de Guerra por Rebelión Militar. Mindonienses condenados en 1937” de Ricardo Pedreira.

Bibliog.:
–X. Isidro Fernández Villalba, «A República no Concello de Mondoñedo», Terra e Tempo, 06.08.2012.
-A. Reigosa, «Na memoria de José Sánchez Gacio

_____
30 de novembro de 1915
Nace o músico popular Tomás Gruñeiro Reigosa “O Páxaro” no Barrio da Cuba, parroquia de Argomoso. (completar info)


DECEMBRO


4 de decembro

1903.-El Correo de Galicia publica unha nota na que dá conta da visión dun fantasma polos arredores da ermida da Nosa Señora dos Remedios. A visión repetiuse varias noites. As testemuñas describían a pantasma con figura de home “de colosal estatura, cubierto con una especia de túnica negra y que aparece y desaparece lanzando ayes lastimeros que llenan de pavor a los veciños de aquellos contornos”.  A garda civil fixo indagacións e inspeccionou os lugares onde se deixou ver pero sen resultado.

_____

7 de decembro

1895.-Nace en Mondoñedo o pintor José María Rodríguez González. (+ info)

_____

—11 de decembro—

1830.- Morre en Mondoñedo, no Pazo de Luaces onde residía, solteiro e sen descendemcia, José María del Carmen Luaces y Presno. Foi rexedor de Mondoñedo, cabaleiro mestrante de Ronda, da Orde de Carlos III, señor xurisdicional e dono das casas de Luaces, de Mondoñedo, e da torre soar de Abadín e Lagoa. Ademais, entre outras moitas propiedades, posuía casas en Ribadeo e en Piantón (Asturias). Doou xoias para o santuario dos Remedios e mandou que o enterrasen na “capilla que tengo frente a mi casa”, que non era outra que a Capela da Peña de Francia, xa desaparecida. Herdou as propiedades un parente chamado Vicente Varela Luaces.

_____

—17 de decembro—

1906.-Aparición do primeiro número do seminario tradicionalista “La Defensa”

1926.-Nace en Lourenzá Jesús Docampo “Bernabel”, un destacado poeta popular. Vive en Vilamor (Mondoñedo) onde falece o 23 de xaneiro de 2009. (+ info)

1973.– Morre na Arxentina Dolores Iglesias Fernández, “Lola,  la del Coto de Otero”. Nacera nos Samordás, Galgao, concello de Abadín, o 30 de novembro de 188”. Residu en Mondoñedo ata que en 1922 emigrou a Arxentina. (+ info)

2008.-Morre en Barcelona o escritor Francisco Casavella, seudónimo de Francisco García Hortelano. Nacera en Barcelona o 15 de outubro de 1963. O seu pai era da Campá, Couboeira (Mondoñedo).

_____

—20 de decembro—

1907.-Celébrase en Cuba, no Teatro Nacional da Habana, unha velada para recadar fondos para trasladar os restos de Pascual Veiga desde Madrid e erguerlle un mausoleo en Mondoñedo. Curros Enríquez  intervén  xa débil de saúde (morrería o 7 de marzo do ano 1908) lendo un poema inédito  titulado “A Alborada de Veiga”. Preside o acto un busto de Veiga, obra do vigués Mariano Miguel, e interprétase por primeira vez o Himno Galego con música de Pascual Veiga e letra do poema ‘Os pinos’ de Eduardo Pondal. Executa o Himno a Banda Municipal da Habana dirixida por Guillermo Tomás. No mesmo acto, o orfeón “Ecos de Galicia”, dirixido por Chané, cantou a “Alborada” de Veiga. (+ Info)

_____
21 de decembro

1899.-Morre en Madrid o avogado e político Valentín Patricio Cándido José Martínez Montenegro, máis coñecido como Cándido Martínez Montenegro. Nacera en Mondoñedo, na Praza da Catedral, o 9 de marzo de 1831. «(Completar info).

1909.-Entre o martes 21 e o mércores 22 de decembro de 1909, un gran temporal causou graves danos en Mondoñedo e en case toda a provincia de Lugo.

_____
22 de decembro

1877.-Nace en Mondoñedo o avogado, impresor, empresario, xornalista e político César González Seco- Romero.
-Obtén a licenciatura en Medicina Manuel Leiras Pulpeiro.
1911.-Nace en Mondoñedo o grande escritor Álvaro Cunqueiro Mora.

_____
23 de decembro

1894.-Nace en Melo, Cerro Largo, Uruguai, o escritor Valentín García Sáiz, fillo do mindoniense Valentín García Fraga. Conveciño e amigo de Juana de Ibarbourou. Autor de numerosas obras literarias. Morreu en Montevideo o 3 de agosto de 1974. (+ info)

_____
27 de decembro

1925.-Morre en Mondoñedo Víctor de Silva Posada.(+r info)