Antonio Noriega Varela naceu en Mondoñedo, nunha casa que levaba o número 9 mesmo a carón do Campo e Alameda dos Remedios, polas San Lucas de 1869. Era o día de vésperas, o 17, de hai século e medio e desde entón, á marxe de aniversarios e cabodanos, foron varios os sucesos que protagonizou vencellados […]
Chamábase Cándida Fernández-Noriega Bello e naceu en Foz tras o casamento de Antonio Noriega Varela con Ramona Bello en 1902, despois de malográrense os dous primeiros fillos varóns. Agora que se aproxima o 18 de outubro, 150 aniversario de nacemento do poeta Noriega en Mondoñedo, queremos acordarnos brevemente da súa filla maior e das andanzas […]
Fai este ano, aconteceu o 17 ou o 18 de outubro de 1869, 150 anos do nacemento de Antonio Manuel Fernández-Noriega Varela, coñecido no parnaso das nosas letras como Antonio Noriega Varela. E polas mesmas datas tamén fará 124 anos da publicación impresa do seu primeiro poema, precisamente a obra premiada no certame convocado polas […]
Este 2019, amais de prepararmos a apertura da Casa Museo Álvaro Cunqueiro, a nación das letras galegas debe prestarlle atención á dobre efeméride doutro mindoniense ilustre . Antonio María Jesús Manuel Fernández-Noriega Varela naceu en Mondoñedo, Campo dos Remedios, o 18 de outubro (día grande das San Lucas) de 1869 e faleceu en Viveiro o […]
O 8 de xaneiro de 1921 saía á rúa en Mondoñedo o primeiro número de “Don Fino”, un periódico definido como agrarista e anticaciquil, primeiro quincenal, semanal a partir do número 7 e máis tarde esporádico, ata que foi cerrado por orde gubernativa o 12 de xuño do mesmo ano cando levaba editados tan só […]
Non foi un ano tranquilo o 1901. Entre as boas novas podemos contar que en setembro se inaugurou a nova igrexa parroquial de Santiago, deseño do afamado arquitecto Nemesio Cobreros Cuevillas, e cuxas campás, que se chaman “Perfecta” a maior e “Josefa” a pequena, son obra do fundidor local Antonio Blanco Palacios. Entre novas de […]
Este venres, 29 de xaneiro deste 2016, na Casa da Xuventude de Mondoñedo, asistimos a un acto moi emotivo que constituíu un punto e á parte no percorrer histórico do xornal “Mondoñedo”. Alí presentamos o nº 127 dun periódico que a Asociación “Amigos da Cidade de Mondoñedo” ven editando con regularidade nada menos que desde 1987. […]
“Cada vello que vai á cova leva consigo un anaco vivente do falar do pobo”, deixou dito Ramón Otero Pedrayo, animador principal do meritorio traballo recolector de Antonio Noriega Varela. Noriega tomou boa nota do consello e, convencido da urxente obriga de beber a nosa lingua no gurgullo da boca da xente, pescudou nese manancial […]