Álvaro Cunqueiro, en palabras de X. Díaz Jácome, foi clave na recuperación dos Maios de Mondoñedo en 1934. Con letra del e música de Manuel Ledo Bermúdez ‘O Pallarego’, o coro infantil da rondalla O Eco esparexeu aquel ano polas rúas mindonienses este cantar que comeza “Maio está entrando por portas/ o Maio de namorar […]
Eu non sei andar en bici. Intenteino. Foi na do meu primo, Feliciano, pero no primeiro ensaio, cando xa estaba chegando ao Rego do Ferreiro de Rego de Cas por aquela costiña abaixo, o meu pé dereito soltouse do pedal e enganchou na cadea, e a cadea arrastrouno ata o piñón que, sen contemplacións nin […]
Este 2 de agosto de 2018 cúmprense 25 anos do pasamento de Carlos Folgueira, o Rei das Tartas. Aconteceu en 1993 no hospital Juan Canalejo da Coruña, onde estaba ingresado para atender uns graves problemas renais que non tiveron solución. Foi soterrado en Mondoñedo, no Cemiterio Municipal, o 4 de agosto, tras un funeral na […]
Este venres, 29 de xaneiro deste 2016, na Casa da Xuventude de Mondoñedo, asistimos a un acto moi emotivo que constituíu un punto e á parte no percorrer histórico do xornal “Mondoñedo”. Alí presentamos o nº 127 dun periódico que a Asociación “Amigos da Cidade de Mondoñedo” ven editando con regularidade nada menos que desde 1987. […]