Quen nace en Zoñán axiña aprende que tivo a fortuna de facelo na cara do sol. As persoas, como os días, amencemos vendo de fronte, na cima do Padornelo, a estrela que nos dá vida. Na atardecida, en cambio, cando o sol se parapeta tras das Fiosas, temos que agardar a noite no avesío. Esta […]
Caderno de Campo de Antonio Reigosa
Cronista oficial de Mondoñedo
Últimos artigos
Rodolfo Gacio Prieto (Mondoñedo, 1890 – 1967), fillo de Salustiano e Ramona, exerceu como fotógrafo profesional en Mondoñedo arredor de medio século. Previamente, en 1910, tras ser declarado prófugo por non presentarse á chamada de recrutamento militar, emigrou a Cuba, país onde residiu ata os primeiros anos da década dos vinte. Antes, moito antes, cando […]
Lembro con frecuencia ao amigo Francisco Piñeiro, mestre, escritor e teatreiro nacido no Reguengo de Mondoñedo, residente en Daián, no concello de Cervo. Dun tempo para acó ándalle esquiva a saúde. En 2025, por atesourar merecementos sobros, a corporación mindoniense nomenouno Fillo Predilecto. Agora só queda que veña un ventus validus que sopre a favor […]
A porta de Batitales ou de Santo Domingo da muralla medieval de Mondoñedo reconstruída en 1320 estaba situada nas confluencias das actuais rúas Concepción, Pacheco, Leiras Pulpeiro e José Febrero. Derrubouse cando se construÍu o mosteiro das concepcionistas entre 1713 e 1717. Desde a porta de Batitales accedíase á cidade polo occidente e a rúa […]
Como se desprazaba a xente a finais do século XIX e principios do XX! A ver! A maioría, obviamente, facíano a pé, aínda que as distancias intermedias fosen importantes. Outros faríano de a cabalo ou noutro equino, quizais en carro ou tamén, por que non, en coche ou en tren, alí onde o houbese. Pero, […]







