Os soños non teñen prezo; só prazos. Poñer unha ilusión a andar cara o futuro é gañarlle pasos ao tempo de espera e ila cargando de reflexións e experiencias. Trátase de ir dando corpo á vontade de facer do noso patrimonio cultural un eixe articulador de futuro, o que precisa de ambiciosos proxectos pero tamén, […]
A Unesco acaba de incorporar á Listaxe do Patrimonio Mundial o camiño de peregrinación que desde a beiramar do norte e pasando por Mondoñedo conduce a Compostela. Ademais, sinala a catedral mindoniense, xunto coa de Lugo, como bens asociados de interese singular, o que significa que o nome de Mondoñedo e o seu monumento relixioso […]
Pedro Ribero, capataz e monteiro maior da provincia de Mondoñedo, comunica nesta data á Real Audiencia de Galicia que matara 14 lobos grandes e que collera tres camadas, unha de 12 lobeznos, outra de 11 e a terceira de 9, entre as que había 12 femias. (+ Dietario de Mondoñedo)
Chegou o día. Supoño que xa coñecerá a única boa nova destes días que lle afecta directamente. As malas, esas que invocan o seu nome en van, mellor nin mencionalas. Non hai mal que por ben non veña. A boa nova, a que a nación das letras e a cultura deste pequeno gran país desexaba […]
A anunciada concesión da Medalla de Ouro por parte do concello de Mondoñedo ao Real Seminario Santa Catalina pola achega docente e cultural á sociedade mindoniense, galega e universal, é o colofón xusto e merecido a case 450 anos de historia. Nos actos de homenaxe que se preparan para o 17 de outubro estará presente […]
Todo comezou cunha casa, dúas eguas, unha poldra e un cabaliño de cor castaña escura para facer os laricos. Foi a doazón do bispo Francisco de Santa María Benavides para o mantemento da modesta ermida dedicada á Virxe, edificada en 1558 na Pena de Outeiro. O bispo Benavides, con orixe nunha familia nobre castelá, fora, […]
Celébrase este día, coincidindo co domingo da festividade, a solemne ceremonia de Coroación da Virxe dos Remedios. Publícase tamén nesta data o primeiro número de “Pregón Mindoniense” dedicado integramente a ensalzar esta ceremonia con artigos asinados, entre outros, por A. Cunqueiro, E. Lence-Santar, Alejo Barja, Francisco Mayán, A. Noriega, Xosé Díaz Jácome, Xosé Trapero Pardo […]
Como cada ano, agás os primeirísimos de vida, ando estes días botando unha man na apaña das patacas. Un traballo que tira do peito e do lombo pero que, ben mirado, é pouco se o comparamos co número de días do ano que, amañadas dunha ou doutra maneira, dan alegría ao noso estómago. Todos sabemos […]
Morre en Lugo, Francisco Mayán Fernández. Cronista Oficial de Mondoñedo desde 2001 ata 2010. Foi soterrado en Cee, a súa vila natal, onde nacera o 30 de setembro de 1916. Profesor e director do Instituto “San Rosendo” desde a inauguración en 1954 ata a súa xubilación. Na década dos 60 foi alcalde de Mondoñedo e […]