12 de setembro de 1954: Coroación da Virxe dos Remedios

pregon
Celébrase este día, coincidindo co domingo da festividade, a solemne ceremonia de Coroación da Virxe dos Remedios. Publícase tamén nesta data o primeiro número de “Pregón Mindoniense” dedicado integramente a ensalzar esta ceremonia con artigos asinados, entre outros, por A. Cunqueiro, E. Lence-Santar, Alejo Barja, Francisco Mayán, A. Noriega, Xosé Díaz Jácome, Xosé Trapero Pardo e José María Santeiro. O xornal desapareceu en 1957.

Bibliog.:
-Galiciana. Biblioteca de Galicia, “Pregón Mindoniense”

Arquivo NODO

(+ Dietario de Mondoñedo)