Tomás Gruñeiro Reigosa, “O Páxaro”, naceu o 30 de novembro de 1915 no lugar de Cuba, na parroquia mindoniense de Argomoso. Xa de neno pasa a vivir cuns tíos, que non tiñan descendencia, ao barrio das Plazas da mesma parroquia, onde residiu o resto da súa vida. Axiña comeza a tocar a gaita “de oído” […]
“Cada vello que vai á cova leva consigo un anaco vivente do falar do pobo”, deixou dito Ramón Otero Pedrayo, animador principal do meritorio traballo recolector de Antonio Noriega Varela. Noriega tomou boa nota do consello e, convencido da urxente obriga de beber a nosa lingua no gurgullo da boca da xente, pescudou nese manancial […]
Pascual Veiga morre en Madrid o 12 de xullo de 1906. En setembro deste mesmo ano constitúese en Bos Aires unha comisión presidida por José Mª Miranda Luaces, presidente da Sociedade Mindoniense na Arxentina, co propósito de organizar unha homenaxe ao ilustre músico. O obxectivo é reunir os fondos necesarios para trasladar os seus restos […]
“Desde hoy se expende en la caseta número 29 de la Plaza de Abastos, LEGÍTIMO PAN DE MONDOÑEDO fabricado con harinas de trigo del país y elaborado con el mayor esmero. Precio: 40 céntimos kilo”. Así rezaba un anuncio nos xornais lucenses “La Voz de Verdad” e “El Norte de Galicia”, nos números de ambos […]
Mondoñedo tamén estivo presente aquela “noite do 18 de Samartiño do mil novecentos dazaoito” no Teatro Lugo-Salón de Lugo. Entre os asambleístas asinantes figura o entón cronista oficial de Mondoñedo (érao desde o 25 de abril de 1917) e membro correspondente da RAG, don Eduardo Lence Santar Guitián. Aquel manifesto, froito da I Asamblea Nazolista […]
Recordo a súa figura de home paseante, maior, sempre na compaña da súa filla máis nova. Nada sabiamos entón do seu pasado, nin sequera que era o pai da nosa profesora de francés, Talía. O 23 de novembro de 2015 vanse cumprir 35 anos da morte dun dos políticos mindonienses máis activos durante a II […]
MORRE MANUEL LEIRAS PULPEIRO Morre en Mondoñedo Manuel Leiras Pulpeiro. Un home cun profundo e honesto compromiso cos desfavorecidos do seu tempo, un combatente contra a barbarie fundamentalista tanto civil como relixiosa, un inimigo radical da soberbia dos poderosos. Poeta, médico, lexicógrafo, etnógrafo, político progresista e republicano, masón, filántropo, humanista, foi coñecido como o “Médico […]
HOMENAXE EN MONDOÑEDO A DON ENRIQUE CAL PARDO Acto de recoñecemento, na véspera do seu 93 aniversario, no que se presentou a súa publicación “Mondoñedo –catedral, cidade, bispado- na segunda metade do século XV”, magnificamente editada polo servizo de publicacións da Deputación Provincial. Fixo as funcións de mantedor, Fran Bouso; don José Bello, reitor do […]
Se eu tivese que escribir o relato vital de don Enrique Cal Pardo, tomaría como modelo a saga que conta do bo corazón e nobres sentimentos do islandés Brand, alcumado O Xeneroso. Ambos, salvando os mil e pico anos de historia que os separan, son, ao tempo, exemplos de persoas sabias e magnánimas que moito […]