30 de novembro de 1915: Cen anos do nacemento do músico Tomás Gruñeiro, O Páxaro

Tomás Gruñeiro O Páxaro (gaiteiro)

Tomás Gruñeiro Reigosa, “O Páxaro”, naceu o 30 de novembro de 1915 no lugar de Cuba, na parroquia mindoniense de Argomoso. Xa de neno pasa a vivir cuns tíos, que non tiñan descendencia, ao barrio das Plazas da mesma parroquia, onde residiu o resto da súa vida.
Axiña comeza a tocar a gaita “de oído” e un acordeón que pertencera a Manolo Araújo. Sempre se dedicou aos traballos do campo, foi un recoñecido matachín de porcos e un grande xogador de brisca. Como músico, actuaba en toda canta festa se poñía por diante, cobrando a escote da concurrencia. Sempre tocaba a gaita na procesión do santo patrono da parroquia, San Pedro. Foi un dos grandes intérpretes da música popular do concello de Mondoñedo.
Morreu cando contaba 63 anos, en 1978, como consecuencia dunha grave doenza.

Nota:
Datos e foto extraídos do libro “A música en Mondoñedo” da autoría de Andrés García Doural e Moncho García González.

(+ Dietario de Mondoñedo)