“Conta E. Lence-Santar que as bruxas de Mondoñedo e as da contorna quedan (na noite do 31 de decembro) no Monfadal, alí úntanse con touciño e montan dacabalo das súas vasoiras de xibarda, e logo, ás doce en punto, despegan camiño do grande aquelarre que se celebra no cumio do Xistral.
Toño Núñez (Navia de Suarna, 1959) participou na primeira edición de “Mondoñedo é poesía” que tivo lugar o 1 de maio de 2014 no Auditorio Municipal “Pascual Veiga”. Aquel día deixounos unhas palabras de agarimo e estes poemas para Mondoñedo e para os poetas mindonienses, que moito lle agradecemos e que reproducimos a continuación. (… […]
Xosé Ruíz Leivas, amigo e incansable indagador de vestixios mindonienses polo mundo, é quen me pon na pista deste fillo da nosa emigración; un nome que en xustiza debera estar ao lado doutros uruguaios con raiceiras mariñás como “El Viejo Pancho” e Juana de Ibarbourou. O seu pai, Valentín García Fraga, naceu en Mondoñedo o […]
Tal día como o de hoxe, o 27 de decembro de 1925, morría en Mondoñedo, tras un proceso prolongado de padecementos, Víctor de Silva Posada. Contaba 67 anos. Nacera na mesma cidade, no seo dunha familia con grandes propiedades, o 25 de abril de 1858. Comezou novo a participar na vida social mindoniense, formando parte […]
Comeza unha nova sección no blog. Chámase “Mondoñedo, lugar literario” e nela irán aparecendo textos, ou extractos, onde Mondoñedo (lugares, persoas, edificios…etc) sexan os grandes protagonistas do texto literario. Comezamos cun texto poético da autoría de Fran Alonso, escrito en Vigo aló polo 1988, titulado “Pasaba Mondoñedo”. Un poema fermosísimo que enfronta a memoria dun […]
O 21 de decembro de 1899 morre en Madrid o avogado e político liberal Valentín Patricio Cándido José Martínez Montenegro, máis coñecido como Cándido Martínez Montenegro. Foi xuíz de paz e deputado provincial, oficial de Fomento, director xeral de Correos e Telégrafos, conselleiro de Estado e ministro do tribunal Contencioso-Administrativo. Foi elixido deputado a Cortes […]
Manuel Leiras Pulpeiro (Mondoñedo 1854–1912) foi deses bos e xenerosos que deixan nas atmosferas que habitan unha pegada imperecedoira. Canto máis sabemos deste médico, poeta, etnógrafo, republicano federalista, filántropo (e mil cousas máis), coherente ata máis aló da morte co seu pensar, máis o admiramos. Unha persoa íntegra nun tempo radicalmente hostil. Epítetos como “santo […]
Sir Edward Spencer Dodgson, filólogo e arqueólogo británico, vascófilo obsesivo, profesor de inglés formado en Oxford, pasou por Mondoñedo a mediados de xullo de 1896 e tamén, sen descartar outras visitas, no verán de 1905. En 1896 fixéronlle de cicerones o artista Ramón Martínez Ínsua, e o historiador e escritor,Víctor de Silva Posada. Pasou varios […]
José Mª Rodríguez González naceu en Mondoñedo o 7 de decembro de 1895. En 1919 comeza a traballar en Viveiro e logo, ao casar con Isabel Vázquez en 1923, pasa a residir no Castañal, na parroquia viveirense de Valcarría. En 1926 decide viaxar aos USA e alí pérdeselle a pista en 1932, pero antes deixou […]