Este venres, 29 de xaneiro deste 2016, na Casa da Xuventude de Mondoñedo, asistimos a un acto moi emotivo que constituíu un punto e á parte no percorrer histórico do xornal “Mondoñedo”. Alí presentamos o nº 127 dun periódico que a Asociación “Amigos da Cidade de Mondoñedo” ven editando con regularidade nada menos que desde 1987. […]
A mellor maneira de saber da saúde vital dun lugar é ler a prensa que foi xerando devagar. A historia dilata e contrae, como os latexos do corazón, e, xa que logo, indica ben o ritmo do devir de calquera asentamento humano. Se atendemos ao arredor de medio cento de cabeceiras de prensa que se […]
Desque morreu Álvaro Cunqueiro “Mondoñedo no existe”, deixou escrito Juan Cueto. Non é verdade; Mondoñedo existir, existe, pero ás veces non se ve. A sorprendente somnámbulista italiana Emma Zanardelli tiña anunciada a súa chegada a Mondoñedo para o 7 de xaneiro de 1884. Segundo El Hermandino (5 de xaneiro de 1884) a célebre “funámbula” solicitara […]
No Teatro D. María II de Lisboa brillou como ningunha a estrela rutilante desta actriz que naceu en Mondoñedo en 1842 e morreu, cando o éxito máis lle sorría, con tan só 23 anos. De Mondoñedo a Lisboa Nun libro titulado ”Manuela Lopes Rey”, o nº 3 da colección Os Contemporaneos, editado en Lisboa probablemente […]