Sempre que o reloxo mo permite, se non se impacienta por levarme ao traballo ou a outro sitio, procuro almorzar un poema, un relato ou un artigo de Álvaro Cunqueiro. Hoxe, o azar (que non é tan aleatorio como parece) púxome diante un artigo titulado “Pasan los años”, publicado a finais do ano 1958. O […]
Despois de comprobar a escasa media ducia de opcións que tiña para ver se me tocara algo neste sorteo extraordinario do Nadal, teño que dicir que o que importa é a saúde. Nin o gordo, nin o fraco; nin a pedrería, nin sequera o reintegro. Pero consólome lembrando que ao xornalista e agrimensor Dodolino Trigo […]
A ilusión pola construción da desexada vía férrea entre Lugo e Ribadeo por Vilalba e Mondoñedo reviviu nos últimos meses de 1916 e nos primeiros días de 1917, xa que, despois de diversas xestións na Corte, todo facía pensar que podería chegar a ser unha realidade. Unha vella aspiración A pretendida construción do camiño de […]
Jesús Docampo naceu no concello de Lourenzá o 17 de decembro de 1926; cumpriría estes días 90 anos. Des que casou con Luz Pardo Espín pasou residir ao lugar de Lamelas, en Vilamor (Mondoñedo). Aquí tivo dous fillos, J. Luis e Andrés, e nesta parroquia morreu e está soterrado desde o 23 de xaneiro de […]
Nestes días decembrinos, ao tempo que remata a posibilidade de visitar a Cova do Rei Cintolo por esta temporada, tamén se cumpren 60 anos da publicación da novela do ribadense Daniel Cortezón titulada, precisamente, “As Covas do Rei Cintolo”. A suspensión das visitas por parte do concello de Mondoñedo ten que ver co respecto ao […]
“Pois mira, divides a túa alma e escondes unha parte dela nun obxecto externo ao teu corpo. Dese modo, aínda que o teu corpo sexa atacado ou destruído, non podes morrer porque parte da túa alma segue neste mundo, ilesa”. Isto, máis ou menos, é o que lle di Slughorn ao futuro Señor Tenebroso en […]